Skip to Content

2021-2022

Encontro con Antía Yáñez

O próximo mércores 18 de maio, aproveitando a celebración do Día das Letras Galegas, teremos o pracer de recibir no noso instituto a Antía Yáñez Rodríguez, gañadora do premio dos Clubs de Lectura 2022.

O encontro estará dirixido ao alumnado de 1ºESO que, durante este trimestre, leu a súa obra titulada "O misterio de Portomarín". Tamén gozará da xuntanza o alumnado participante dos Clubs de Lectura de 2ºESO e 4ºESO.

Día da Terra 2022

Hoxe celébrase o Día da Terra e, desde o noso IES, aproveitamos a ocasión para amosarvos o traballo realizado polo alumnado de 2ºESO que, neste día, acabaron de plantar vexetais, plantas aromáticas e ornamentais no invernadoiro.

Deixámosvos o link ao vídeo con algunhas das fotografías de todo o proceso.

Esta actividade encádrase dentro do proxecto VIDA, coordinado pola Biblioteca escolar e no que colaboran varios departamentos.

Convocatoria certame literario e artístico

Conmemorando o Día do Libro, a Biblioteca escolar convoca un concuro literario, fotográfico e de ilustración a partir dunha frase escollida do libro O Mercader de Venecia de Willian Shakespeare, morto un 23 de abril de 1616.

"El amor, como ciego que es, impide a los amantes ver las divertidas tonterías que cometen"

"O amor, como cego que é, impide aos amantes ver as divertidas parvadas que cometen"

As bases da convocatoria podedes lelas nos taboleiros das aulas, adxunto nesta páxina ou na Biblioteca.

Data límite de entrega dos traballos: Mércores 20 de abril

Entrega de premios: Luns 25 de abril

Animádevos a participar!

CHARLA-COLOQUIO CON ANTONIO RIAL BOUBETA: CLAVES PARA EDUCAR NA ERA DIXITAL

Este mércores 23 de febreiro de 2022 ás 17:00 horas, no salón de encontros "Silvia Lijó", teremos unha charla-coloquio con Antonio Rial Boubeta para famillias, profesorado, alumnado e persoal do concello de Camariñas.

Os temas a tratar son: adolescentes, tecnoloxía, convivencia e adiccións, claves para educar na era dixital. Tamén se tratará o imperio do selfie, a tiranía de Instagram, a adicción a Internet e ás TIC, así como condutas de risco na rede.

Estas charlas son organizadas polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado de A Coruña, a través do centro de Vimianzo.

Todas as persoas que queiran participar deberán confirmar a súa asistencia no teléfono 881880294 ou no correo electrónico ies.pedra.aguia @ edu.xunta.gal

11F: Día internacional da muller e a nena na ciencia

O 11F conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

No noso IES celebrámolo proxectando un vídeo no que varias mulleres científicas responden ás preguntas plantexadas polo noso alumnado.

Esperamos que sirva de inspiración!

Concurso de ilustración polo 8 M

Animámosvos a participar nun novo concurso de ilustración, nesta ocasión, co motivo da conmemoración do 8M, Día internacional da muller.

Apuntádevos na Biblio ata o venres 11 e, así, poderemos titorizar o voso traballo.

O venres 18 recolleranse as ilustracións para envialas a concurso.

Pasa pola Biblio se queres participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut