Skip to Content

2020-2021

Xela Arias no día das nosas letras

Desde a Biblioteca Escolar e  en colaboración co departamento de Lingua Galega e o EDNLG, organizamos a celebración do día das Letras Galegas 2021 dedicado a Xela Arias.

A autora de Sarria, que destacou polo seu compromiso cívico nas problemáticas do seu tempo, traballou na editorial Galaxia e destacou na tradución ao galego de autores como Roald Dahl, Giani Rodari, Baudelaire ou James Joyce. No entanto, foi o seu traballo como poeta, con obras como Intempériome, Darío a diario ou Denuncia do equilibrio, o seu principal contributo á historia das nosas letras.

No noso instituto, Xela Arias entrou da man dos seus versos para o alumnado ilustralos nunha cartelería creativa, que pendura nos nosos corredores. Alén diso, convocamos o concurso fotográfico "Versos a flor de pel". Cada participante escolleu un verso á vontade para ser "tatuado" de xeito orixinal nalgunha parte do seu corpo e, finalmente, facer unha fotografía artística. Todas elas locen na exposición para o xurado emitir o seu fallo a vindeira semana. Outorgarase un primeiro e segundo premio en vales para o comercio local de Camariñas.

Animádevos a ler a Xela Arias e feliz día das Letras Galegas 2021!

Radio Escolar e Día de Europa

O venres 7 de maio inauguramos a nosa radio escolar, un proxecto que tiñamos pendente doutros anos. "Radio Aguia" foi o nome elixido por estudantes e profesorado e comezará a emitir en streaming a partir do vindeiro curso.

O acto estivo presidido pola alcaldesa, Sandra Ínsua, e contou coa participación de Radio Nordés, que emitiu en directo o programa de mediodía, "Vivindo a Costa da Morte".

O acontecemento fíxose coincidir coa celebración do Día de Europa, no que o alumnado tivo todo o protagonismo: encheron a entrada con carteis nos que se relacionou a Camariñas con Europa, fixeron unha coreografía con patíns portando todas as bandeiras da UE e, finalmente, bailaron ao ritmo de Jerusalema e interpretaron un par de cancións populares para homenaxear ao alumno Andrés Parga, recente campión de España de baile caribeño.

Encontro literario con María Lado

Este mércores 24 de marzo gozamos coa visita de María Lado, a través dun obradoiro de creación poética, que organizou a Biblioteca Escolar no marco do programa Encuentros Literarios promovido polo Ministerio de Cultura y Deporte.

A poeta da Costa da Morte, que fai parte do actual e puxante panorama poético galego, falounos do oficio de poeta e narradora, da súa traxectoria e da creatividade literaria. Na segunda parte do encontro, a través dun recurso dadaísta, o grupo participante de 3ºESO foi compoñendo un poema colectivo sobre a temática eterna: o amor. Con moita picardía e non menos romanticismo, crearon un novo poema a partir de versos alleos. Ao grupo e á poeta non lles faltaron humor e lirismo nunha das poucas actividades presenciais que organizamos este curso a causa da Covid.

Ocatwinning

Ocatwinning es el nombre del proyecto etwinning que actualmente estamos desarrollando cuatro Institutos de enseñanza secundaria de Sofía (Bulgaria), Camariñas (España), Auray (Francia) y Benesov (República Checa). Somos un total de 8 docentes y 63 estudiantes de edades comprendidas entre los 15 y 17 años. De nuestro Centro participan los alumnos de 4º A y cinco docentes: Fabiola, Federico, Bruno, Brey y Jacobo.

El objetivo del proyecto es poner en valor una parte del patrimonio cultural de estas zonas y fomentar la colaboración entre los estudiantes. Con tal motivo, hemos hecho grupos internacionales mixtos que tendrán como lengua vehicular el español. 

Rosalía, meu corazón, hoxe estás de celebración

 

Ser Rosalía é un acto de rebeldía, é unha acción política. Cada mirar nos ollos fire coma cen saetas. Non precisamos máis, só mirar. Quen mira a obra de Rosalía entende a muller de vangarda que hai detrás dela, a insubmisa, a creadora do pensamento, a inconformista, a muller valente que elixe a palabra para loitar contra a inxustiza e para crear un país sublime. (Fragmento do manidesto da AELG.)

Dende 2010, o 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Escrita no século XIX, a súa obra mantense vixente, na denuncia da inxustiza social e na reivindicación feminista.

Dígocho eu


 

 

Dende hoxe está dispoñible no bloque de Dinamización linguística unha ligazón ó espazo da TVG Dígocho eu, no que a xornalista Esther Estévez presenta vídeos moi curtos con consellos prácticos para mellorarmos o noso galego.

Bótalle un ollo, hainos ben divertidos, dígocho eu!

Distribuir contido


by Dr. Radut