Skip to Content

Encontro literario con María Lado

Este mércores 24 de marzo gozamos coa visita de María Lado, a través dun obradoiro de creación poética, que organizou a Biblioteca Escolar no marco do programa Encuentros Literarios promovido polo Ministerio de Cultura y Deporte.

A poeta da Costa da Morte, que fai parte do actual e puxante panorama poético galego, falounos do oficio de poeta e narradora, da súa traxectoria e da creatividade literaria. Na segunda parte do encontro, a través dun recurso dadaísta, o grupo participante de 3ºESO foi compoñendo un poema colectivo sobre a temática eterna: o amor. Con moita picardía e non menos romanticismo, crearon un novo poema a partir de versos alleos. Ao grupo e á poeta non lles faltaron humor e lirismo nunha das poucas actividades presenciais que organizamos este curso a causa da Covid.

A experiencia xerou algúns materiais durante o proceso: un padlet de videopoesía de creadores/as actuais e unha publicación dixital coas creacións poéticas realizadas nas aulas de Lingua Galega e Castelá, departamentos que colaboraron activamente coa Biblioteca Escolar. Se sentides curiosidade, premede nos hipervínculos para acceder.



page | by Dr. Radut