Skip to Content

2020-2021

Reflexionando sobre a violencia de xénero

Recollida de diplomas e obsequio pola participación na elaboración do vídeo sobre a violencia de xénero

Un grupo de rapaces de 3º ESO e 4º ESO coordinados por excompañeiros do centro (Silvia Lijó e Emilio Roca) e apoiados pola educadora familiar dos Servizos Sociais do concello de Camariñas (Ali Trillo), o orientador do centro (José Rodríguez) e a biblioteca, fixeron unha reflexión sobre a violencia de xénero neste ano 2020. Neste vídeo poderedes ver o traballo realizado.

Xénero sen cor

Novamente, alumnos de 3º e 4º da ESO amosaron o seu compromiso cunha sociedade responsable e solidaria. Esta vez, rapaces e rapazas intercambiaron cores que de pequenos asígnannos dun xeito predeterminado para insistir no feito de que o xénero vai máis aló da cor elixida. 

Solidariedade

Alumnos de 3º e 4º ESO decidiron espontaneamente que cada venres se xuntarían na súa hora de lecer para solidarizarse con algunha causa que teña relevancia social. Con tal fin, deciden a temática e o seu vestiario con antelación e xúntanse para sacar unha foto que inmortalice o momento. O venres 13 combinaron as súas roupas para facer unha composición LGTBI. A idea é que cada vez sexan máis os compañeiros que se sumen a esta iniciativa e acompañar ese momento solidario con algún tipo de discurso.

Parabéns pola vosa solidariedade!!!

Arranca a Hora de Ler no Pedra da Aguia

Hora de ler

Un curso máis a Biblioteca Escolar pon en marcha o programa da Hora de Ler. Trátase dunha iniciativa na que durante unha hora á semana, facilitamos un tempo e un espazo para fomentar o gusto pola lectura entre a comunidade educativa. Estimular o hábito lector e asocialo ao pracer dun tempo de calma mentres ampliamos os nosos coñecementos nas máis diversas áreas, son un obxectivo a medio-longo prazo. Normalicemos a lectura no día a día!

Distribuir contido


by Dr. Radut