Skip to Content

2017-2018

Aquí hai talento matemático!

Ariadna Martínez Pasión, alumna de 1º B, vén de ser seleccionada para integrar o grupo de 25 alumnos de toda Galicia que participarán o vindeiro curso nas actividades do programa ESTALMAT.

Este proxecto da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales pretende detectar, orientar e estimular o talento matemático excepcional de estudantes de 12-13 anos.

As actividades que desenvolverán os rapaces son un campamento matemático ó comezo do vindeiro curso e 20 sesións de formación matemática, non orientada a adiantar contidos do seu currículo, senón a desenvolver aspectos esenciais das matemáticas que habitualmente quedan fóra das programacións.

Parabéns Ariadna e que goces desta experiencia!

Arqueoloxía no castro das Barreiras

Este ano, o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de visitar o castro das Barreiras e charlar co seu arqueólogo, Tito Concheiro. Durante a visita, afondamos na historia da Cultura Castrexa, explicounos como influíron os castros na maneira de ocupar o territorio hoxe en día, e tamén nos desvelou as claves da técnica arqueolóxica.

Algún xa quedaba de boa gana a remexer na terra!

Colaboración con Ponte nas Ondas!

Un equipo de rapaces do noso instituto estivo a facer un traballo de recuperación do patrimonio cultural inmaterial da Costa da Morte investigando no álbum familiar.
Grazas a esta actividade, varias fotos de traballos tradicionais, artesanías ou festas... foron atopadas e enviadas á asociación Ponte nas Ondas!, para formar parte do seu banco de imaxes.

Con este material inédito, participarán no concurso escolar convocado por esta asociación para animar ao alumnado a tomar conciencia do valioso patrimonio que posuímos. 

A Santiago vou lixeiriño...

Alumnado de 1º e 2º ESO pasaron unha xornada en Santiago de Compostela realizando varias actividades relacionadas coas materias de Historia e Ed. Física.

Comenzaron por unha visita ás institucións galegas: primeiro a sede da Xunta de Galicia en San Caetano e despois o Parlamento e moitas das súas salas de traballo. A continuación, puxeron a proba as súas forzas cunha actividade de escalada en rocódromo, onde demostraron ter moita habilidade e coordinación. Xa ao mediodía, xantaron de picnic na Alameda, algúns colleron de ganchete ás Marías... e rapidamente estiveron listos para reanudar a marcha. O día rematou cunha xincana polo casco vello da cidade para coñecer algúns trazos da vila medieval que foi.

Preme AQUÍ para ver máis fotos da experiencia.

Visitamos Moraime e deunos por escribir...

O alumnado de 2º e 3º ESO da materia de Historia puideron este ano achegarse aos traballos de restauración realizados na igrexa de S. Xiao de Moraime, da man da propia restauradora. Durante a visita o alumnado observou e preguntou por moitos aspectos sobre o proxecto de restauración, desde o seu financiamento, á posta en valor dun ben patrimonial, ou o papel que temos cada un de nós no seu coidado.

A xornada deu de si, e houbo quen se animou a colaborar nunha pequena revista dixital relacionada co patrimonio cultural, que por certo, celebramos este ano 2018 a nivel europeo.
Distribuir contido


by Dr. Radut