Skip to Content

2018-2019

Carreira de campo a través en Cee!!

O pasado venres 11 de xaneiro, tivo lugar no estadio Sampaio de Refoxos de Cee unha carreira de campo a través no marco do programa DAFIS, que é unha ferramenta para mellorar a nosa condición física, promovida pola Consellería de Educación. Á carreira asistiron arredor de 800 persoas de distintos centros da volta. Entre eles, do IESP Pedra da Aguia de Camariñas asistiu o alumnado de 1º e 2º de ensinanza obrigatoria.

Moito alumnado correu para realizar unha actividade física, e outro para colaborar ademais cunha causa solidaria, como correr pola ONG Save the children. Todo o mundo levaba roupa axeitada para facer deporte e con aqueles dorsais... pareciamos verdadeiros profesionais!

A actividade desenvolveuse con normalidade grazas a un bo tempo inesperado que acompañou ao longo da xornada. Para ver a nosa reportaxe fotográfica, preme AQUÍ

Noticia de Pablo Rodríguez 1ºB

Por vinte anos máis!

Vinte anos son motivo de celebración, co que nos gustan a nós! É por isto que o XX aniversario do noso centro resultou ser a escusa perfecta para converternos en actrices e actores por un día. E vaia nivel! Queremos agradecer a implicación de tódalas persoas que participaron nesta pequena homenaxe, tanto diante como detrás da cámara, xa que sen a súa colaboración tería sido imposible rodar estes cinco minutos de vídeo. Tempo escasísimo para amosar a esencia e o corazón que se deixa sentir no IES Plurilingüe Pedra da Aguia. Con todo o noso cariño, gozade visionando o noso lipdub, nós xa o fixemos!

Nadal responsable!

No equipo de Repensa a túa despensa cremos que un Nadal sostible e responsable é posible, por iso vos queremos deixar uns consuconsellos extraídos da páxina de Consumópolis, na que podedes afondar no significado da expresión "consumo responsable":

1.- Reflexiona sobre o que realmente necesitas

2.- Compara antes de mercar

3.- Fai valer os dereitos e deberes dos consumidores

No noso centro puxemos o noso particular graniño de area adornando a entrada con materiais reciclados.

 Bo Nadal responsable a todas e todos!

A Oficina do Parlamento Europeo cos embaixadores júnior

O luns 17 de decembro de 2018, Horacio Díez, coordinador nacional das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, desprazouse ata o noso centro para ver in situ o infopoint europeo, coñecer aos embaixadores júnior e facer con eles diferentes dinámicas. Aproveitamos a visita para presentar o noso programa de actuacións para este curso que ten como eixo central o simulacro de eleccións europeas o vindeiro 9 de maio.

Ler máis en Diario Camariñán e El Correo Gallego

Embaixadores júnior vs europarlamentarios

O venres 14 de decembro de 2018, os embaixadores júnior participaron nunha charla-coloquio cos europarlamentarios galegos Francisco Millán Mon e Jóse Blanco. O lugar foi a sede da Deputación provincial de A Coruña e a invitación partiu de EuropaDirect A Coruña. Tratáronse temas como o Brexit, a migración e a política de seguridade e defensa. Os nosos alumnos puxeron nalgún que outro apuro aos conferenciantes coas súas preguntas.  Ler máis en QPC.

Contacontos inglés-galego

Na tarde do martes 18 de decembro celebramos unha actividade promovida polos departamentos de Inglés e Galego, na que dúas oradoras (Charo e Patricia) representaron versións innovadoras de contos tradicionais, tales como Barba Azul ou o rei Arturo.

Charo, narradora e escritora, e Patricia, actriz e narradora, ofreceron dúas sesións nas que dun xeito lúdico e dinámico, con historias bilingües en galego e inglés, permitiron aos rapaces combinar dúas linguas que están a aprender e dominar dentro dun mundo de fantasía.

Distribuir contido


by Dr. Radut