Skip to Content

Carreira de campo a través en Cee!!

O pasado venres 11 de xaneiro, tivo lugar no estadio Sampaio de Refoxos de Cee unha carreira de campo a través no marco do programa DAFIS, que é unha ferramenta para mellorar a nosa condición física, promovida pola Consellería de Educación. Á carreira asistiron arredor de 800 persoas de distintos centros da volta. Entre eles, do IESP Pedra da Aguia de Camariñas asistiu o alumnado de 1º e 2º de ensinanza obrigatoria.

Moito alumnado correu para realizar unha actividade física, e outro para colaborar ademais cunha causa solidaria, como correr pola ONG Save the children. Todo o mundo levaba roupa axeitada para facer deporte e con aqueles dorsais... pareciamos verdadeiros profesionais!

A actividade desenvolveuse con normalidade grazas a un bo tempo inesperado que acompañou ao longo da xornada. Para ver a nosa reportaxe fotográfica, preme AQUÍ

Noticia de Pablo Rodríguez 1ºB



page | by Dr. Radut