Skip to Content

Centros de investigación da USC

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e de Tecnoloxía de 4ºESO desprazouse o venres ata o campus Vida da USC para coñecer de primeira man a actividade de varios centros de investigación da universidade compostelá.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada.

No CiTIUS viron o servidor onde se procesa toda a información do centro, coñeceron aplicacións das imaxes hiperespectrais e da intelixencia artificial e aprenderon cal era o procedemento para o deseño dun microchip. A continuación, visitaron as instalacións da Fundación pública galega de medicina xenómica e souberon dos estudos xenéticos que realizan alí, dirixidos ao diagnóstico e á investigación de determinadas enfermidades como o trastorno do espectro autista, a fibrose quística ou o alzhéimer. Coñeceron os procesos a seguir nestes laboratorios e as tecnoloxías empregadas neles, e observaron in situ as características e aparellos propios dunha sala post-PCR e os secuenciadores de xenoma completo. Xa pola tarde, despois de comer entre estudantes no comedor universitario, foron introducidos na ciencia de materiais coas explicacións recibidas no Instituto de cerámica de Galicia, no que tamén viron ensaios de resistencia a esforzos e unha impresora 3D de cerámica fabricando catalizadores para a industria química.



page | by Dr. Radut