Matrícula ABAU e depósito de título para alumnado de 2º de Bach.

O alumnado de 2º de Bacharelato que aprobe todo na convocatoria ordinaria de maio ten que facer obrigatoriamente o depósito do título e, se quere ir a Universidade, a matrícula para a ABAU.

Os trámites administrativos necesarios realizaranse na Secretaría do centro únicamente o día 16 de maio  de 9 a 14:00 horas.

Pulsa neste enlace para ter información completa sobre as taxas a pagar e a documentación a entregar.

No impreso de taxas para pagar o depósito do título deberás cubrir os campos que están en amarelo e do que tes un exemplo nestoutro enlace.