Admisión de alumnado para o curso 2022-2023

Admisión de alumnado para o curso 2022-2023

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión, dentro do prazo establecido, está admitido no centro para o curso 2022-2023.

As solicitudes fóra de prazo están á espera da resolución por parte da Inspección Educativa.

* O alumnado que veña para 1º de bacharelato debe ter en conta o prazo excepcional este ano (só ata o 12 de maio) para a solicitude de bolsa (beca) para o curso que ven. Se non foron informados no seu centro actual consulten a noticia publicada un pouco máis abaixo nesta web.

-----------------------------------------------------------

Solicitude de admisión de alumnado para o curso 2022-2023

Quen ten que presentar a solicitude de admisión?

Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros, excepto os que veñan do CEIP Pérez Viondi.

O alumnado do CEIP Pérez Viondi, ao estar o centro adscrito ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.

Cal é o prazo de presentación? 

Do o 1 ao 21 de marzo ambos incluídos.

Que deberán presentar na secretaría do centro?

  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a. Se non ten, entregarase unha copia do libro de familia.
  • Sé é o caso, copia da sentencia de separación ou divorcio

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicarase a listaxe provisional antes do 25 de abril.
  • O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicarase a listaxe definitiva de admitidos antes do 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).