Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

Diverxería

Agora que remata o curso facemos memoria do que foi a Semana Cultural desde ano. Desta volta estivo especialmente centrada na diversidade, tal e como se aprecia no seu título, Diverxería, e tamén no cartel que deseñou a alumna de 1º de Bacharelato Ana García. 

 

 

Mulleres nas Letras

Desde as materias de Lingua Galega e Lingua Castelá e desde Dinamización de Igualdade traballamos a prol da visibilización das mulleres escritoras, tanto ao longo da historia coma na actualidade. 

As referentes

Dende Lingua Galega, para as que xa non están houbo conmemoracións: Rosalía de Castro no Día de Rosalía, Luz Pozo Garza no Día das Galegas nas Letras e Xela Arias no Día das Letras Galegas. 

Velaquí o vídeo resumo do traballo realizado arredor do Día de Rosalía: Rosalía.

Obradoiros de Fademur

Ao longo do curso, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) desenvolveu unha serie de obradoiros para promover a igualdade e a loitar contra a violencia de xénero. Foron un total de 14 obradoiros distribuídos en 3 intervencións. A primeira tivo lugar en decembro con alumando de 1º ESO, a segunda en marzo con alumnado de 3º ESO e a terceira en xuño con alumnado de 2º ESO. 

“Wadja” segue funcionando entre o alumnado máis novo

"Wadja" traducida como "La bicicleta verde" segue a funcionar entre o alumnado de 1º ciclo da ESO. Este ano, na materia de Xeogrfía e Historia, o profesor Eduardo Van den Eynde achegou o alumnado a situación da muller no Islam a través da protagonista desta película, unha rapaza de 11 anos namorada dunha bicicleta verde que non pode conseguir por ser nena.

Achegamos aquí a actividade de debate deseñada polo profesor para o visionado desta pelícual, así como outro par de actividades de 4º ESO, unha delas traballo de presentación da alumna Iria Zubiela.

IMG_20191111_125237.jpg

Plan de Igualdade do noso instituto

Deixámosvos aquí o Plan de Igualdade elaborado no curso 2019-2020...por imperativo legal!Risa

17 plan de igualdade_0.jpg

Traballos desenvolvidos desde a materia de Lingua Galega e Literatura

Nesta entrada queremos deixar algunhas propostas de traballo desde a materia de Lingua e Literatura Galega, realizadas por Olalla Liñares. A súa teima: explorar ao máximo a capacidade creativa do alumnado, traballando a expresión oral e escrita desde diversos xéneros: noticias, rap, teatro...ou mesmo coa busca de frases fermosas para camisolas para o 8 de marzo. 

9 charla beleza 3.jpg

Exemplos de traballo realizado polo alumnado de Coeducación para o Século XXI

Deixamos nesta entrada algúns exemplos dos traballos desenvolvidos por alumnado da materia de Coeducación para o século XXI, de 1º de BAC.

15 cosec online 1.jpg

Actividades realizadas na materia de Inglés

Nesta entrada deixamos unha serie de recursos para traballar a igualdade desde a materia de Inglés . É o traballo desenvolvido por Alba Aminata Faye, compañeira en prácticas durante o curso 2019-2020 no IES Plurilingüe Fontexería, e un exemplo de que , se as novas xeracións de docentes  asumen a coeducación con enerxía parecida, a capacidade de transformación social da escola farase evidente!

Campaña 8 de Marzo

Dentro da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, desenvolveuse co alumnado de 1º e 2º ESO un Obradoiro de Igualdade (9 de marzo), organizado polo CIM de Muros. O alumnado do 1º ciclo da ESO realizou un traballo de documentación e exposición nas portas das aulas de todo o centro de carteis con imaxe e texto representativo das aportacións de numerosas mulleres a distintos campos do saber.

cartel 8M 2.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut