Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Bioloxía e Xeoloxía

Anexo á Programación do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 2021-2022

ÁRBORES DO FONTEXERÍA

Velaí unhas poucas representantes das moitas árbores que habitan no noso centro.

O traballo foi realizado polo alumnado de 1º de ESO do curso 2020/21 coa axuda das profesoras de Manuela Lago Fiuza(Lingua Castelá) e Mª Paz González López (Bioloxía e Xeoloxía). Identificaron as árbores e despois buscaron información sobre elas para facer os traballos que vos amosamos. Coñecer é o primeiro paso para amar e amar é o paso necesario para respectar e coidar.

Edperamos que vos gusten os nosos traballos e as Árbores do Fontexería.

PROGRAMACIÓNS 2021-2022 DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA - XEOLOXÍA

Programacións para o curso 2021-2022 do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía.

PROXECTO RÍOS 2019

Un curso máis participamos no Proxecto Ríos.

A saída de outono fixémola ao río Longarela de Louro en xaneiro co alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, porque debido á escaseza de chuvias o río tiña moi pouco caudal e non podiamos analizar todos os parámetros físico-químicos e biolóxicos que se empregan para determinar a calidade das augas. Como Luchy, a nosa fotógrafa oficial e aúnica que ten xeito no departamento, non puido vir non temos reportaxe fotográfica. Un desastre. 

ACTIVIDADES PROXECTO RÍOS 2017/18

Un curso máis, o centro participou no Proxecto Ríos. Nesta ocasión, cunha novidade: cambiamos o río Valdexería de Muros, polo Longarela de Louro. Tamén, como en cursos anteriores, realizamos dúas saídas para facer un estudo completo da súa saúde ambiental, unha no outono e outra na primavera, co alumnado de 1º de bacharelato.

Ademais, durante a Semana Cultural, fixemos unha visita á depuradora de augas residuais de Esteiro, para coñecer os procesos a que se deben someter as augas residuais antes de vertelas ao medio.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas actividades.

NOVAS MATERIAS LOMCE DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Nos seguintes enlaces podedes atopar información das novas materias LOMCE que impartirá o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Esperamos que a información vos sexa de axuda á hora de facer a escolla.

4º de ESO:

Cultura Científica

1º de Bacharelato:

Cultura Científica

INSPECCIÓN PRIMAVERA RÍO VALDEXERÍA. 1º DE ESO.

Como o curso pasado, o centro participou no Proxecto Ríos.

O 6 de xuño realizamos dúas saídas co alumnado de 1º de ESO ao río Valdexería para levar a cabo a inspección de primavera. Na saída, observamos e recollemos a información necesaria para determinar a saúde do río. Fundamentalemente, aprendemos a identificar algúns macroinvertebrados que se usan como bioindicadores, medimos algúns parámetros físicos e químicos que indican a calidade das augas e observamos a presencia de lixo.

No seguinte vídeo, podedes ver algunhas das fotos das saídas:

MODELO DE PLANTA POTABILIZADORA

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO montaron un modelo de planta potabilizadora e estudaron que ocorre en cada un dos pasos do proceso.

No seguinte vídeo, podedes ver un resumo da actividade.

ESTUDO DO EFECTO DA CHUVIA ÁCIDA SOBRE AS PLANTAS. 1º DE ESO.

Durante o 3º trimestre, o alumnado de 1º de ESO realizou un estudo do efecto da chuvia ácida sobre a vexetación.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut