Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

Servidor Abalar do centro
Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Taboleiro de novas

Calendario de Fin de Curso 2020-2021: Exames de Pendentes e da 3ª Avaliación para ESO e Bacharelato.

Premio no concurso de debate Parlamento Xove

"Durante o presente curso o equipo de Debate do IES Plurilingüe Fontexería tivo a oportunidade de participar no concurso autonómico do Parlamento Xove. As integrantes Clara Caamaño, Paloma Quintela, Uxía Trigo e Manel Agra, de 2º de Bacharelato, conseguiron clasificarse na metade dunha competitiva táboa, malia non ter a experiencia previa coa que contaban outros grupos. Lograron tamén gañar o último dos debates realizados e recibir unha das puntuacións absolutas máis altas no mesmo.

PLAN DE ADAPTACIÓN AO COVID-19. CURSO 2020-2021.

Toda a información sobre esta adaptación está recollida no Plan de Acollida  (actualizado á 27/10/2020) adxunto e nos seus anexos.

Clasificados para a final nacional do concurso "Young Business Talents"

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro, formado por María Caamaño, Lucía Senande, Fabio Olveira e Lucía Fernández, acadou a clasificación para a final nacional do concurso "Young Business Talents". Esta clasificación acadouse despois de competir con outros centros de toda España, e consiste na xestión virtual dunha empresa.

A final será no mes de maio en Madrid, se a situación sanitaria o permite.

Parabéns a Víctor Ramos Sambade, de 4º ESO B, Subcampeón Galego en Pista Cuberta 3000 metros!!!

Felicidades a Víctor Ramos Sambade como subcampeón galego sub 18 de 3000 m en pista cuberta!!!

#entroidoxería...improvisando e agasallando

Nestas xornadas previas ao Entroido tamén houbo momentos para a improvisación (fundamentalmente en 2 ESO A e B, baixo a supervisión da profesora Olalla) que quedaron recollidos nesta pequena escolma, na que tamén está un video  coa entrega de agasallos aos mellores disfraces do venres 12... "

www.youtube.com/watch?v=QqyCmpHgbDE

ENTROIDO VIRAL NO IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA

MANDATOS DO ENTROIDO

Regueifa arredor do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro).

O grupo de 2º ESO B, por iniciativa do alumno Javier González, compuxo unha serie de coplas de regueifa arredor do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro).

Inicio das clases presenciais do 2º trimestre mañán venres 8 de xaneiro de 2021 ás 8:30.

Recordámoslle a toda a comunidade educativa que mañán venres 8 de xaneiro de 2021 ás 8:30 retomamos as clases presenciais no instituto no seu horario habitual.

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos e concertados no curso 2020-21.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut