Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

Servidor Abalar do centro
Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

PDC

PDC

Actividades de Orientación e Piragüismo

Con motivo da suspensión das clases e actividades presenciais a consecuencia do COVID-19 non se levaron a cabo os campionatos e actividades que tiñamos previstos para o 3º trimestre. Foi unha mágoa, pero ben seguro que para o próximo ano o desfrutaremos o dobre. 

Campionato de Bádminton Cadete. Serra de Outes

Desta volta foron os alumnos da categoría cadete os que acudiron ó campionato de bádminton celebrado na Serra de Outes o día 10 de Marzo. Ainda que os resultados non foron tan bos como desexábamos, pasamos unha moi boa mañá dandolle movemento ó corpo. 

Campionato de Bádminton infantil. Serra de Outes

Os nosos alumnos de categoría infantil desprazáronse ata a Serra de Outes para desfrutar dunha mañá de Bádminton. Ademáis de competir, fixeron amigos e desfrutaron moito. 

Campionato Campo a través Noia

O pasado día 3 de decembro, algúns dos alumnos de 1º , 2º e 3º da ESO, correspondentes coas categoría infantil e cadete, participaron no campionado de campo a través que se levou a cabo nas inmediacións do campo de fútbol de Noia. 

Aquí vos deixamos unhas fotos para que poidades ver canto desfrutaron.

XOGADE (xogos galegos deportivos)

Dende fai varios anos, o noso centro participa nas actividades do XOGADE . Este ano, o noso alumnado competirá nas modalidades de Campo a través, Bádminton, Orientación deportiva e Piragüismo. 

De seguido amosase información de cada unha das actividades de forma máis concreta.

Recreos activos

No IES Fontexería levanse a cabo diferentes tipos de práctica deportiva organizada durante os recreos para incrementar o tempo de práctica do noso alumnado. Algúns dos deportes prácticados son o Voleibol, Baloncesto, Fútbol sala ou ó Bádminton. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos adestramentos de Bádminton.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut