As dúas alumnas, Iria Zubiela Núñez e Laura González Trillo, agora cursando 1º de Bacharelato no noso centro, coordinadas polo seu profesor de Economía Fernando Pérez Torres, fixeron a reportaxe pouco antes do confinamento no que investigaron o mercado do peixe na comarca muradana. Para iso fixeron varias entrevistas aos protagonistas dese mercado (mariñeiros, patróns, traballadores da lonxa, poxadores, etc). A reportaxe foi publicada en La Voz de Galicia o día 21 de outubro.