Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

PROXECTA "Aprendo programando con Scratch"

 

No IES Plurilingüe Fontexería programamos con Scratch! Algunhas alumnas exploraron Roma, outros alumnos fixeron un pequeno Trivial en francés, houbo quen fixo algún xogo...o que está claro é que todas e todos divertímonos aprendendo!

 

Traballo cooperativo a distancia con outros centros en TIC de 4º de ESO

Este ano os alumnos de TIC de 4º de eso participan nunha actividade cooperativa, creada polo profesor D. Marco López, con tres institutos da provincia de Lugo: o Leiras Pulpeiro de Lugo, o Río Miño de Rabade e o Lama de Quendas de Chantada.

A actividade consiste na creación dun blog e dunha paxina web mediante traballo cooperativo coordinado a distancia. O procedemento é o seguinte unha parella de alunmos dun instituto debe traballar con outra parella dun segundo instituto e sendo titorizados por un profesor dun tercer instituto.

As actividades son as seguintes:

V Concurso Audiovisual - premiados

Estas son as fotografías presentadas ao V Concurso Audiovisual Fontexería organizado pola Dinamización das TIC. O premiado nesta categoría foi Jorge García.

Salman Khan: Usemos o video para reinventar a educación

Conferencia de Salman Khan sobre como creou a Khan Academy e invita á comunidade educativa a considerar cambiar o tradicional método de ensino.

Guías, trucos, ferramentas e utilidades TIC

Desde a Dinamización das TIC do Fontexería estreamos un espazo na Aula Virtual chamado Guías, trucos, ferramentas e utilidades.Utilidades
Polo de agora temos dispoñibles as seguintes:

  • Como facer buscas eficientes en Internet.
  • Consellos sobre seguridade informática.
  • Como optimizar o rendemento do ordenador.
  • Como crear e editar arquivos PDF.
  • Como realizar capturas de pantalla.
  • Comparativa de compresores de arquivos.

Uso seguro das novas tecnoloxías

O uso das TIC é cada vez máis imprescindible na vida cotiá e, polo tanto, nos estudos. Son unha considerable axuda na aprendizaxe e aumentan as opcións no lecer.
Pero os menores están expostos a moitos riscos co uso dos ordenadores. Entre outros:

  • Ataques á privacidade.
  • Acceso a contidos inapropiados (violentos, pornográficos, racistas,...)
  • Ciberacoso.
  • Sexting.
  • Relación con descoñecidos.
  • Adicción.
  • Programas poden descargar e utilizar: ataques de virus, consecuencias legais da vulneración das leis (en particular da Lei de Protección de Datos e a Lei da Propiedade Intelectual).

Pero os adultos non sempre podemos estar xunto ao menor cando está a empregar o ordenador. Por iso queremos destacar nesta sección algúns consellos en colaboración coa Dinamización das TIC.

En Navega con Rumbo podemos atopar unha Guía para Nais e Pais con consellos para navegar por Internet.

Na OSI (Oficina de Seguidade do Internauta do Instituto Nacional das Tecnoloxías da Comunicación) hai unha guía rápida con estes consellos a nais e pais:

  1. Educa o menor sobre os posibles perigos que pode atopar na rede.
  2. Acompaña ao menor na navegación cando sexa posible, sen invadir a súa intimidade.
  3. Advirte ao menor dos problemas de facilitar información persoal (nome, dirección, teléfono, contrasinais, fotografías, etc.) a través de calquera canle.
  4. Desaconséllalle participar en charlas radicais (provocadoras,racistas, humillantes, extremistas, etc.) xa que pode facelo sentir incómodo.
  5. Infórmao de que non todo o que sae en Internet ten que ser certo, xa que poden ser levados a engano con facilidade.
  6. Presta atención ás súas 'ciber-amizades' nesta media que o fas coas súas amizades na vida real.
  7. Pídelle que te informe de calquera conduta ou contacto que lle  resulte incómodo ou sospeitoso.
  8. Vixía o tempo de conexión do menor a Internet para evitar que desatenda outras actividades.
  9. Crea unha conta de usuario limitada para o acceso do menor ao sistema.

A sección Menores OSIofece máis información e consellos a nais e pais, a educadores e aos nenos sobre as ameazas e as ferramentas dispoñibles para evitalas. Dispón dun buscador de utilidades, como programas de control parental.

Chámase control parental ás ferramentas que permiten ás nais e pais controlar ou limitar o contido que un menor pode utilizar no ordenador ou accedendo en Internet. Hai dous tipos de programas de control parental: os que monitorizan e os que restrinxen. Os que monitorizan rexistran o que fai o usuario para, con posterioridade, revisalo. Non interfiren no uso dos equipos. Os do segundo tipo restinxen, limitan o uso segundo algún parámetro: tempo, horario, control da navegación,... Tamén en INTECO-CERT (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación - Centro de Respuesta a Incidentes de Seguridad) hai un listado de aplicacións gratuítas de control parental.

Protegeles.com é un portal moi completo é útil. Este é un informe sobre o seu traballo. Elaboran estudos e ademais contén varios espazos interesantes:

www.portaldelmenor.com Portal lúdico e educativo que pretende ofrecer aos menores unha navegación segura por contidos de calidade.
www.micueva.com Rede social para menores,na que a seguridade xoga un papel principal.
www.exprimelared.com Para aprender a navegar da forma máis segura.
www.tecnoadicciones.com é unha liña de axuda para problemas de adicción ás novas tecnoloxías (TV. Móbiles, Internet, Videoxogos,…) e www.hacemosuntrato.com para a prevención de adiciones e a promoción de actividades alternativas de ocio.
www.quenoteladen.es Para a prevención do grooming ou acoso sexual.
Ciberfamilias é un sitio para coñecer mellor Internet e as cuestións sobre seguridade dos menores.
Guía para pais de videoxogos.
www.aporelsobresaliente.com Para aprender a empregar o teléfono móbil.
www.acosoescolar.info é unha liña de axuda a pais e nais sobre o acoso escolar e www.internetsinacoso.com para o ciberacoso.
www.masqueunaimagen.com é unha liña de axuda contra a anorexia e a bulimia e www.stop-obsesion.com contra a obsesión pola imaxe.

Na Axencia Española de Protección de Datos de Carácter Persoal atopamos información sobre os dereitos dos nenos e os deberes dos pais e nais para garantir a protección de datos.

Pantallas Amigas é un sitio que pretende promocionar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. Conta cun completo catálogo de materiais, recursos educativos e lecturas. Non só se centra en Internet, tamén nos móbiles e os videoxogos. Netiquétate  é un dos recursos interesantes co que conta e no que se poden aprender usos correctos nas redes sociais.

En Protege tu información pódese mellorar o nivel de seguridade coas TIC.

Internet en Familia é un sitio de formación e divulgación de háitos de navegación segura na rede. Tamén é interesante sitio Internet & Familia.

 

Informe Videoxogos e Educación, do Ministerio de Educación.

En PEGI podemos atopar o sistema de clasificación de videoxogos.

 

 

Estándares da UNESCO de competencia TIC para docentes

Información publicada en Eduteka sobre os estándares da UNESCO en competencia TIC para docentes e recursos de Eduteka para cumprir con eses estándares.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut