Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

Servidor Abalar do centro
Recursos Didácticos

Atención a pendentes

Intro

 

Unión Europea

Proxecto Ríos

PROXECTO RÍOS 2019

Un curso máis participamos no Proxecto Ríos.

A saída de outono fixémola ao río Longarela de Louro en xaneiro co alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, porque debido á escaseza de chuvias o río tiña moi pouco caudal e non podiamos analizar todos os parámetros físico-químicos e biolóxicos que se empregan para determinar a calidade das augas. Como Luchy, a nosa fotógrafa oficial e aúnica que ten xeito no departamento, non puido vir non temos reportaxe fotográfica. Un desastre. 

ACTIVIDADES PROXECTO RÍOS 2017/18

Un curso máis, o centro participou no Proxecto Ríos. Nesta ocasión, cunha novidade: cambiamos o río Valdexería de Muros, polo Longarela de Louro. Tamén, como en cursos anteriores, realizamos dúas saídas para facer un estudo completo da súa saúde ambiental, unha no outono e outra na primavera, co alumnado de 1º de bacharelato.

Ademais, durante a Semana Cultural, fixemos unha visita á depuradora de augas residuais de Esteiro, para coñecer os procesos a que se deben someter as augas residuais antes de vertelas ao medio.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas actividades.

INSPECCIÓN PRIMAVERA RÍO VALDEXERÍA. 1º DE ESO.

Como o curso pasado, o centro participou no Proxecto Ríos.

O 6 de xuño realizamos dúas saídas co alumnado de 1º de ESO ao río Valdexería para levar a cabo a inspección de primavera. Na saída, observamos e recollemos a información necesaria para determinar a saúde do río. Fundamentalemente, aprendemos a identificar algúns macroinvertebrados que se usan como bioindicadores, medimos algúns parámetros físicos e químicos que indican a calidade das augas e observamos a presencia de lixo.

No seguinte vídeo, podedes ver algunhas das fotos das saídas:

MODELO DE PLANTA POTABILIZADORA

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO montaron un modelo de planta potabilizadora e estudaron que ocorre en cada un dos pasos do proceso.

No seguinte vídeo, podedes ver un resumo da actividade.

ESTUDO DO EFECTO DA CHUVIA ÁCIDA SOBRE AS PLANTAS. 1º DE ESO.

Durante o 3º trimestre, o alumnado de 1º de ESO realizou un estudo do efecto da chuvia ácida sobre a vexetación.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade.

Saída Proxecto Ríos Campaña de primavera

O pasado 18 de maio, realizamos a saída ao río Valdexería para realizar a inspección correspondente á campaña de primavera do Proxecto Ríos co alumnado de 4º de ESO.

Saída Río Valdexería 1º Bac Bio-Xeo

O pasado 11 de decembro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato fixo a primeira saída ao río Valdexería dentro do Proxecto Ríos no que participamos este curso, co obxectivo de determinar o seu estado de saúde.

Na saída, un responsable do proxecto, Paco Bañobre, explicounos o procedemento a seguir, que aspectos debemos observar, como reflictilos na ficha de recollida de datos e como analizalos para tirar conclusións.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut