INSPECCIÓN PRIMAVERA RÍO VALDEXERÍA. 1º DE ESO.
Como o curso pasado, o centro participou no Proxecto Ríos.
O 6 de xuño realizamos dúas saídas co alumnado de 1º de ESO ao río Valdexería para levar a cabo a inspección de primavera. Na saída, observamos e recollemos a información necesaria para determinar a saúde do río. Fundamentalemente, aprendemos a identificar algúns macroinvertebrados que se usan como bioindicadores, medimos algúns parámetros físicos e químicos que indican a calidade das augas e observamos a presencia de lixo.
No seguinte vídeo, podedes ver algunhas das fotos das saídas:
No Xeovisor do Proxecto Ríos: http://visorgis.cmati.xunta.es/rios/ , accedendo ao "Rego de Vadexeira" pódense consultar os resultados das inspeccións realizadas polo noso alumnado.