Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

Servidor Abalar do centro
Recursos Didácticos

Atención a pendentes

Intro

 

Unión Europea

Educación física

Actividades de Orientación e Piragüismo

Con motivo da suspensión das clases e actividades presenciais a consecuencia do COVID-19 non se levaron a cabo os campionatos e actividades que tiñamos previstos para o 3º trimestre. Foi unha mágoa, pero ben seguro que para o próximo ano o desfrutaremos o dobre. 

Campionato de Bádminton Cadete. Serra de Outes

Desta volta foron os alumnos da categoría cadete os que acudiron ó campionato de bádminton celebrado na Serra de Outes o día 10 de Marzo. Ainda que os resultados non foron tan bos como desexábamos, pasamos unha moi boa mañá dandolle movemento ó corpo. 

Campionato de Bádminton infantil. Serra de Outes

Os nosos alumnos de categoría infantil desprazáronse ata a Serra de Outes para desfrutar dunha mañá de Bádminton. Ademáis de competir, fixeron amigos e desfrutaron moito. 

Campionato Campo a través Noia

O pasado día 3 de decembro, algúns dos alumnos de 1º , 2º e 3º da ESO, correspondentes coas categoría infantil e cadete, participaron no campionado de campo a través que se levou a cabo nas inmediacións do campo de fútbol de Noia. 

Aquí vos deixamos unhas fotos para que poidades ver canto desfrutaron.

XOGADE (xogos galegos deportivos)

Dende fai varios anos, o noso centro participa nas actividades do XOGADE . Este ano, o noso alumnado competirá nas modalidades de Campo a través, Bádminton, Orientación deportiva e Piragüismo. 

De seguido amosase información de cada unha das actividades de forma máis concreta.

Recreos activos

No IES Fontexería levanse a cabo diferentes tipos de práctica deportiva organizada durante os recreos para incrementar o tempo de práctica do noso alumnado. Algúns dos deportes prácticados son o Voleibol, Baloncesto, Fútbol sala ou ó Bádminton. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos adestramentos de Bádminton.

Programacións Revisadas do Departamento de Educación Física para o curso 2019-2020

Programacións Revisadas do Departamento de Educación Fisica por cursos para o ano escolar 2019-2020.

Primeiros Auxilios

Aquí vos deixo un video explicativo sobre os contidos de primeiros auxilios para 1º de bacharelato. 

No seguinte video podedes ver outra maneira delirante de entender os "primeiros auxilios" a cargo de Mr. Bean.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut