Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

Servidor Abalar do centro
Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Uso seguro das novas tecnoloxías

O uso das TIC é cada vez máis imprescindible na vida cotiá e, polo tanto, nos estudos. Son unha considerable axuda na aprendizaxe e aumentan as opcións no lecer.
Pero os menores están expostos a moitos riscos co uso dos ordenadores. Entre outros:

  • Ataques á privacidade.
  • Acceso a contidos inapropiados (violentos, pornográficos, racistas,...)
  • Ciberacoso.
  • Sexting.
  • Relación con descoñecidos.
  • Adicción.
  • Programas poden descargar e utilizar: ataques de virus, consecuencias legais da vulneración das leis (en particular da Lei de Protección de Datos e a Lei da Propiedade Intelectual).

Pero os adultos non sempre podemos estar xunto ao menor cando está a empregar o ordenador. Por iso queremos destacar nesta sección algúns consellos en colaboración coa Dinamización das TIC.

En Navega con Rumbo podemos atopar unha Guía para Nais e Pais con consellos para navegar por Internet.

Na OSI (Oficina de Seguidade do Internauta do Instituto Nacional das Tecnoloxías da Comunicación) hai unha guía rápida con estes consellos a nais e pais:

  1. Educa o menor sobre os posibles perigos que pode atopar na rede.
  2. Acompaña ao menor na navegación cando sexa posible, sen invadir a súa intimidade.
  3. Advirte ao menor dos problemas de facilitar información persoal (nome, dirección, teléfono, contrasinais, fotografías, etc.) a través de calquera canle.
  4. Desaconséllalle participar en charlas radicais (provocadoras,racistas, humillantes, extremistas, etc.) xa que pode facelo sentir incómodo.
  5. Infórmao de que non todo o que sae en Internet ten que ser certo, xa que poden ser levados a engano con facilidade.
  6. Presta atención ás súas 'ciber-amizades' nesta media que o fas coas súas amizades na vida real.
  7. Pídelle que te informe de calquera conduta ou contacto que lle  resulte incómodo ou sospeitoso.
  8. Vixía o tempo de conexión do menor a Internet para evitar que desatenda outras actividades.
  9. Crea unha conta de usuario limitada para o acceso do menor ao sistema.

A sección Menores OSIofece máis información e consellos a nais e pais, a educadores e aos nenos sobre as ameazas e as ferramentas dispoñibles para evitalas. Dispón dun buscador de utilidades, como programas de control parental.

Chámase control parental ás ferramentas que permiten ás nais e pais controlar ou limitar o contido que un menor pode utilizar no ordenador ou accedendo en Internet. Hai dous tipos de programas de control parental: os que monitorizan e os que restrinxen. Os que monitorizan rexistran o que fai o usuario para, con posterioridade, revisalo. Non interfiren no uso dos equipos. Os do segundo tipo restinxen, limitan o uso segundo algún parámetro: tempo, horario, control da navegación,... Tamén en INTECO-CERT (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación - Centro de Respuesta a Incidentes de Seguridad) hai un listado de aplicacións gratuítas de control parental.

Protegeles.com é un portal moi completo é útil. Este é un informe sobre o seu traballo. Elaboran estudos e ademais contén varios espazos interesantes:

www.portaldelmenor.com Portal lúdico e educativo que pretende ofrecer aos menores unha navegación segura por contidos de calidade.
www.micueva.com Rede social para menores,na que a seguridade xoga un papel principal.
www.exprimelared.com Para aprender a navegar da forma máis segura.
www.tecnoadicciones.com é unha liña de axuda para problemas de adicción ás novas tecnoloxías (TV. Móbiles, Internet, Videoxogos,…) e www.hacemosuntrato.com para a prevención de adiciones e a promoción de actividades alternativas de ocio.
www.quenoteladen.es Para a prevención do grooming ou acoso sexual.
Ciberfamilias é un sitio para coñecer mellor Internet e as cuestións sobre seguridade dos menores.
Guía para pais de videoxogos.
www.aporelsobresaliente.com Para aprender a empregar o teléfono móbil.
www.acosoescolar.info é unha liña de axuda a pais e nais sobre o acoso escolar e www.internetsinacoso.com para o ciberacoso.
www.masqueunaimagen.com é unha liña de axuda contra a anorexia e a bulimia e www.stop-obsesion.com contra a obsesión pola imaxe.

Na Axencia Española de Protección de Datos de Carácter Persoal atopamos información sobre os dereitos dos nenos e os deberes dos pais e nais para garantir a protección de datos.

Pantallas Amigas é un sitio que pretende promocionar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. Conta cun completo catálogo de materiais, recursos educativos e lecturas. Non só se centra en Internet, tamén nos móbiles e os videoxogos. Netiquétate  é un dos recursos interesantes co que conta e no que se poden aprender usos correctos nas redes sociais.

En Protege tu información pódese mellorar o nivel de seguridade coas TIC.

Internet en Familia é un sitio de formación e divulgación de háitos de navegación segura na rede. Tamén é interesante sitio Internet & Familia.

 

Informe Videoxogos e Educación, do Ministerio de Educación.

En PEGI podemos atopar o sistema de clasificación de videoxogos.

 

 



Iniciar sesión: Acceso
book | by Dr. Radut