Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Obradoiro de Seguridade Informática

Responsable: Actividade realizada pola profesora María José Barco que imparte a materia de Tecnoloxías e a  Comunicación e Información (TIC) en primeiro de bacharelato.

Alumnado destinatario: o de terceiro da ESO.

Temporalización: Unha sesión con cada grupo, o 26 de marzo de 2015, durante a Semana Cultural celebrada no centro.

Xustificación e obxectivos:

A aproximación dos adolescentes cara a as TIC é diferente á dos adultos. Eles son nativos tecnolóxicos. As TIC ofrecen innumerables posibilidades, son cada vez máis imprescindibles, pero tamén son a orixe de moitos riscos. Debemos informar os nosos alumnos/ás para que sexan conscientes, os coñezan e poidan combatelos.

Tamén desexamos crear un grupo dentro do alumnado con coñecementos básicos e coa voluntariedade de actuar dentro do centro como asesores - colaboradores.

Desenvolvemento. Este taller realizouse en diversas fases:

PREPARACIÓN

1. Despois de impartir e avaliar o tema de Seguridade Informática co grupo de primeiro de bacharelato, pediúselles que colaborasen para coñecer de primeira man aqueles aspectos do tema que lles chamasen máis atención, que descoñecían previamente ou que, dende o seu punto de vista, resultasen importantes.

2. Fíxose o mesmo co alumnado de 4º da ESO, na materia de Informática, en coordinación co profesorado que imparte a materia.

3. Con esta información, elaboráronse diversos materiais, que están a disposición de toda a comunidade educativa na aula virtual:

Obradoiro seguridade

Estes materiais son:

Un test de seguridade informática con 30 preguntas. (Ver o test en formato PDF).

Consellos sobre seguridade que explican e detallan os aspectos máis importantes. Estrutúranse en dúas sesións:

A primeira con consellos xerais sobre os dispositivos:

Consellos xerais de seguridade.
Consellos de seguridade co ordenador.
Camfecting.
Consellos de seguridade en Internet.
Consellos de seguridade co correo electrónico.
Como crear contrasinais fortes.
Consellos co móbil e coa tablet.
Consellos coa WiFi.

A segunda sesión: cuestións sobre privacidade.

Como chega a nosa información a Internet?
Identidade dixital e reputación online.
Por que debería preocuparnos se existe información sobre nós en Internet?
Algunhas ameazas á privacidade.
Dereitos sobre a privacidade en Internet.
Responsabilidades en Internet. En Internet, como no resto dos ámbitos nos que nos movemos, temos non só dereitos senón tamén responsabilidades.
Consellos para defender os nosos dereitos.
Consellos de seguridade nas redes sociais.
Protexerse ante fraudes e estafas.
Algúns delitos: sexting, sextorsion, grooming ou ciberacoso sexual, ciberbullying.
Como denunciar contidos ilícitos e fraudes na rede.
Ergonomía e saúde.
Uso de auriculares.
Adicción ao móbil.

Exemplo dunha das leccións (PDF)

Enlaces de interese para manterse informado ou ampliar coñecementos.

4. Preparar aos colaboradores. Dez alumnos e alumnos de primeiro de bacharelato se presentaron como colaboradores para asesorar ao alumnado de terceiro. Preparáronselles unhas tarxetas identificativas.

Tarxetas

DESENVOLVEMENTO

Cada sesión co alumnado de terceiro transcorreu do seguinte xeito:

1.Entrega aos colaboradores das súas tarxetas:

Alumnado colaborador

2. Exposición breve da profesora sobre cuestións xerais. Elaborouse esta presentación como apoio da exposición:

3. O alumnado realiza o test coa axuda dos colaboradores:

Alumnado traballando

4. Despedida e insistir na necesidade de ampliar coñecementos, entrando nos consellos do obradoiro.

CONCLUSIÓNS

Despois de participar o alumnado de terceiro enviou unha sinxela enquisa sobre a actividade, valorándoa. Un 82% a consideou excelente, así como o asesoramento dos compañeiro de bacharelato.

En canto aos resultados do test, obtiveron un promedio de 8,74. Os fallos foron maioritariamente nas mesmas cuestións.



Iniciar sesión: Acceso
page | by Dr. Radut