Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

O Black Friday a debate

Este mércores no marco da materia de Debate de 2º de Bacharelato tivemos ocasión de celebrar un encontro de posturas en torno ao acontecemento do Black Friday e as súas implicacións. As posturas oscilaron ao longo dun amplo espectro que os alumnos e alumnas enriqueceron con reflexións en torno á responsabilidade individual e colectiva e ao influxo da publicidade e dos grupos sociais nas tomas de decisións.

Arranca de novo a ENAPA

O xoves 25 de novembro ás 18:00 retómanse as charlas da ENAPA (Escolas de Nais e Pais) que foran interumpidas polo confinamento. Celebrarase no salón de actos do instituto.
Tema: "Perigo que as familias ignoran: alcol, drogas, apostas..."
Poñente: Susana Otero Iglesias

PLAN DE CONTINXENCIA 2021-22 E ANEXO V: PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022

PLAN DE CONTINXENCIA 2021-22 E ANEXO V: PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022.

Despedida ao alumnado de 2º Bacharelato no IES Plurilingüe Fontexería.

Na seguinte ligazón tedes a montaxe realizada por Chus Abraldes da despedida ao alumnado de 2º de bacharelato o venres 11 de xuño:

https://youtu.be/dPOsR4hSTQY

PRIMEIRO PREMIO DE SECUNDARIA AO PODCAST "XELA NAS ONDAS" DE 2º ESO.

O Xurado do III Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos Contos", organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, concede o PRIMEIRO PREMIO DE SECUNDARIA ao alumnado de 2º ESO, coordinado pola súa profesora Olalla Liñares García, do IES Plurilingüe Fontexería, polo Podcast (que podedes oír

Premio no concurso de debate Parlamento Xove

"Durante o presente curso o equipo de Debate do IES Plurilingüe Fontexería tivo a oportunidade de participar no concurso autonómico do Parlamento Xove. As integrantes Clara Caamaño, Paloma Quintela, Uxía Trigo e Manel Agra, de 2º de Bacharelato, conseguiron clasificarse na metade dunha competitiva táboa, malia non ter a experiencia previa coa que contaban outros grupos. Lograron tamén gañar o último dos debates realizados e recibir unha das puntuacións absolutas máis altas no mesmo.

Clasificados para a final nacional do concurso "Young Business Talents"

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro, formado por María Caamaño, Lucía Senande, Fabio Olveira e Lucía Fernández, acadou a clasificación para a final nacional do concurso "Young Business Talents". Esta clasificación acadouse despois de competir con outros centros de toda España, e consiste na xestión virtual dunha empresa.

A final será no mes de maio en Madrid, se a situación sanitaria o permite.

#entroidoxería...improvisando e agasallando

Nestas xornadas previas ao Entroido tamén houbo momentos para a improvisación (fundamentalmente en 2 ESO A e B, baixo a supervisión da profesora Olalla) que quedaron recollidos nesta pequena escolma, na que tamén está un video  coa entrega de agasallos aos mellores disfraces do venres 12... "

www.youtube.com/watch?v=QqyCmpHgbDE

Regueifa arredor do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro).

O grupo de 2º ESO B, por iniciativa do alumno Javier González, compuxo unha serie de coplas de regueifa arredor do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro).

Inicio das clases presenciais do 2º trimestre mañán venres 8 de xaneiro de 2021 ás 8:30.

Recordámoslle a toda a comunidade educativa que mañán venres 8 de xaneiro de 2021 ás 8:30 retomamos as clases presenciais no instituto no seu horario habitual.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut