Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

blogue depepesacau

Premios: mellor artigo de investigación e mellores oradoras

O pasado mércores 15 de decembro os alumnos e alumnas do IES Fontexería recolleron de mans da conselleira de Política Social os premios ao mellor artigo de investigación e aos mellores oradores do Parlamento Xove 2021. Noraboa a Clara, Uxía, Paloma e Manel.

 

O Black Friday a debate

Este mércores no marco da materia de Debate de 2º de Bacharelato tivemos ocasión de celebrar un encontro de posturas en torno ao acontecemento do Black Friday e as súas implicacións. As posturas oscilaron ao longo dun amplo espectro que os alumnos e alumnas enriqueceron con reflexións en torno á responsabilidade individual e colectiva e ao influxo da publicidade e dos grupos sociais nas tomas de decisións.

Arranca de novo a ENAPA

O xoves 25 de novembro ás 18:00 retómanse as charlas da ENAPA (Escolas de Nais e Pais) que foran interumpidas polo confinamento. Celebrarase no salón de actos do instituto.
Tema: "Perigo que as familias ignoran: alcol, drogas, apostas..."
Poñente: Susana Otero Iglesias

IMPORTANTE: ATENCIÓN TELEFÓNICA

Informamos que o número preferente para a

atención telefónica durante o período excepcional é

656851961

INSTRUCIÓNS AULA VIRTUAL

IMPORTANTE

Debido á situación especial na que estamos, indicamos aquí unhas breves instrucións sobre o acceso á Aula Virtual.

Por defecto, o alumnado non terá que usar o seu nome de usuaria/o e o seu contrasinal para acceder a todos os contidos dos cursos.

Parabéns ao equipo finalista do concurso Enerxía Con Conciencia

Parabéns ao grupo de 3º de ESO que foi finalista no V Campionato Enerxía Con Conciencia, convocado pola Fundación Repsol, e que se celebrou en MAdrid o pasado 27 de xuño.

Podedes ver o vídeo na seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=10&v=tlHug_bw2xg

Parabéns ás Xardas de 2º de Bacharelato

O venres 28 de xuño, nas oficinas de Altia, as compoñentes do equipo Xarda recibiron o premio da I edición do Desafío GenTech. Foi moi emotivo o gran aplauso con que os traballadores e traballadoras da empresa as recibiron. 
Tras unha reunión informal co xurado e representantes da empresa para falar das motivacións que as levaron a participar no concurso e das súas expectativas na súa nova etapa universitaria, recibiron un agasallo como mostra de recoñecemento ao traballo que presentaron ao concurso.
Parabéns equipo e sorte na nova andaina que iniciades!!!

VI Carreira Pedestre

O vindeiro día 21, coincidindo coa finalización das clases, celebraremos a VI Carreira Pedestre do IES Fontexería.

Este ano, os ingresos que se recaden por inscricións serán destinados a colaborar coa organización Médicos sen Fronteiras, en apoio das súas campañas en favor dos colectivos desfavorecidos e con necesidades médicas, nutricionais ou humanitarias.

A carreira conta coa colaboración da Policía Local e de Eleuterio Balayo SL.

Parabéns ao equipo cadete de remo

Esta fin de semana recibimos a nova do Campionato de España da batéis, logrado en Vigo polo equipo cadete do Clube de Remo de Muros, integrado polos nosos alumnos Luís Santos Lourido, Gabriel Fernández Lago, Gabriel Romero Barreiros e Iván Novío París, patroneados por Irene Lamela Iglesias.

Parabéns á tripulación e ao clube polo bo traballo realizado nos últimos anos e polo éxito colleitado. 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut