Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Mulleres nas Letras

Desde as materias de Lingua Galega e Lingua Castelá e desde Dinamización de Igualdade traballamos a prol da visibilización das mulleres escritoras, tanto ao longo da historia coma na actualidade. 

As referentes

Dende Lingua Galega, para as que xa non están houbo conmemoracións: Rosalía de Castro no Día de Rosalía, Luz Pozo Garza no Día das Galegas nas Letras e Xela Arias no Día das Letras Galegas. 

Velaquí o vídeo resumo do traballo realizado arredor do Día de Rosalía: Rosalía.

E velaquí o podcast dedicado a Xela Arias que fixo o alumnado de 1º e 2º ESO e que gañou o III Certame Escolar de Podcast Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos: podcast

Por outra banda, na materia de Lingua Castelá o alumnado achegouse a diversas escritoras do Século de Ouro nunha interesante actividade na que tiñan que facerlles unha entrevista. Pódese ver a formulación da tarefa e os resultados nos anexos. 

As escritoras actuais

Dado que a maioría dos libros de lectura propostos polo Departamento de Lingua Galega neste curso están escritos por mulleres, tivemos varias visitas de autoras ao centro. 

En marzo estivo connosco Antía Yáñez para falar sobre os seus libros Be water, O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela. En abril visitounos Anna R. Figueiredo coa súa obra Feminismos. Por último, en xuño foi a quenda de Eva Mejuto con 22 segundos

Nos arquivos anexos pódense ver imaxes destas actividades e tamén coñecer máis sobre as entreviscas a mulleres do Século de Ouro. 

 

 

AdxuntoTamaño
Día das Galegas nas Letras.png335.47 KB
Antía Yáñez.jpeg54.33 KB
Eva Mejuto.jpeg81.53 KB
Anna Figueiredo.jpeg184.55 KB
Descrición tarefa mulleres Século de Ouro.pdf397.41 KB
MARÍA DE FRANCIA1.pdf346.42 KB
BEATRIZ DE DÍA1.pdf219.29 KB
MARÍA ÁGREDA1.pdf373.3 KB
SOR ISABEL DE VILLENA1.pdf122.38 KB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut