Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Plan de Igualdade do noso instituto

Deixámosvos aquí o Plan de Igualdade elaborado no curso 2019-2020...por imperativo legal!Risa

Despois de 7 anos de proxecto coeducativo no IES Plurilingüe Fontexería, sabiamos que a redacción dun Plan de Igualdade era froita madura. Así que cando chegaron instruccións instando á redacción dun Plan de Igualdade en todos os centros educativos...tiñamos claro o que queríamos facer. A fin de contas,partiamos da mellor das situacións posibles para poñernos a redactar: o Plan de Igualdade coma un punto de chegada logo dunha nada desdeñable andaina -coa educación en igualdade asumida coma un obxectivo e sinal de identidade do centro-, para poder avanzar naquelas carencias detectadas nestes anos.

Para a redacción creamos un grupo de traballo con profesorado diverso,e partimos da premisa de que, se ben o papel "aguanta todo", o que queríamos presentar ao claustro era unha folla de ruta realista capaz de servir de guía para avanzar en coeducación en cursos vindeiros. Que así sexa!

 

Velaquí o resultado...

17 plan de igualdade_0.jpg
AdxuntoTamaño
FONTEXERÍA PLAN IGUALDADE_20.pdf651 KB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut