Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

"Ti e Eu contra as violencias machistas"

Desde o grupo de Dinamización de Igualdade realizamos unha camiseta co lema "Ti e eu contra das violencias machistas", co logo do centro, como colaboración coa campaña "En negro contra as violencias", á que se sumou o concello de Muros.

3.jpg

25N co alumando de 2º ciclo da ESO e BAC

O alumnado de 4º ESO preparou para o 25N unha representación do conto de Pepa e Pepe para todos os grupos do centro, como forma axudar a identificar os distintos chanzos da "escaleira da violencia". Cómpre salientar o impacto que esta historia ten entre o alumnado adolescente,xa que a protagonista, Pepa, é unha alumna de instituto, ao igual que o protagonista, Pepe. A historia, contada pola socióloga especializada en violencia de xénero, Carmen Ruíz Repullo, está construída a partires dos relatos de alumnado adolescente.

Contando o conto polas aulas

25N co alumando de 1º ciclo da ESO

Un ano máis, a comisión de Igualdade dedica o mes de novembro íntegramente a sensibilizar ao alumnado de todo o centro da necesidade de dar unha resposta global, como sociedade, á violencia cara as mulleres. As actividades destinadas ao alumnado de 1º ciclo da ESO buscan, fundamentalmente, promober a implicación de nenas e nenos nesta loita.

piramide1.jpg

o alumnado de 1º BAC acuden á representación de ELISA E MARCELA

O departamento de Galego, en colaboración coa área de Dinamización de Igualdade, acudiu co alumnado de 1º de BAC á reconstrucción irreverente, ao tempo que profundamente crítica e emotiva, da historia de amor de Elisa e Marcela, dúas mulleres que casaron pola igrexa no ano 1901, na Coruña.

3.jpg

O curso 2018-2019 comeza con fútbol feminino nos recreos

Desde o grupo de Dinamización de Igualdade comezamos o curso 2018-2019 felicitando ás persoas responsables do Proxecto Deportivo do centro por reservar a pista de fútbol os recreos dos martes para que as alumnas do centro que xogan  no equipo As Miúdas ensinen a xogar a este deporte a compañeiras que queiran aprender. Aleda ver o compromiso "das miúdas" e a boa acollida desta iniciativa entre as alumnas de 1º e 2º ESO!

 

As miúdas

FÚTBOL FEMININO NOS RECREOS

Desde o grupo de Dinamización de Igualdade comezamos o curso 2018-2019 felicitando ás persoas responsables do Proxecto Deportivo do centro por reservar a pista de fútbol os recreos dos martes para que as alumnas do centro que xogan  no equipo As Miúdas ensinen a xogar a este deporte a compañeiras que queiran aprender. Aleda ver o compromiso "das miúdas" e a boa acollida desta iniciativa entre as alumnas de 1º e 2º ESO!

Parabéns ao equipo cadete de remo

Esta fin de semana recibimos a nova do Campionato de España da batéis, logrado en Vigo polo equipo cadete do Clube de Remo de Muros, integrado polos nosos alumnos Luís Santos Lourido, Gabriel Fernández Lago, Gabriel Romero Barreiros e Iván Novío París, patroneados por Irene Lamela Iglesias.

Parabéns á tripulación e ao clube polo bo traballo realizado nos últimos anos e polo éxito colleitado. 

Finalizada unha nova edición de Semana Cultural

Finalizou con éxito a XXX Semana Cultural do instituto, celebrada baixo o lema "Trinta" durante os días 8 ao 12 de abril.

A xornada final lcontou coa presenza de Djibril Fayé, de Ecos do Sur, e da cantante e compositora Mounqup, que nos ofreceu unha master class seguida dunha actuación, para dar paso aos actos de clausura que contaron cun concerto do alumnado de Música e coa entrega de premios e agasallos.

Reapertura do servizo de cafetaría

Informamos que unha vez resolto por parte da Consellaría de Educación o procedemento de adxudicación do servizo de cafetaría, este servizo comezará a funcionar con normalidade a partir do vindeiro mércores día 26 de setembro.

Reiteramos as nosas desculpas polos transtornos ocasionados a toda a comunidade educativa.

IMPORTANTE: Información de comezo de curso sobre o servizo de cafetaría

Informamos que, debido ao cambio na normativa sobre a concesión dos servizos de cafetaría dos centros sostidos con fondos públicos, este servizo permanecerá pechado durante estes primeiros días de clase e até novo aviso.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut