Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

IMPORTANTE: ATENCIÓN TELEFÓNICA

Informamos que o número preferente para a

atención telefónica durante o período excepcional é

656851961

INSTRUCIÓNS AULA VIRTUAL

IMPORTANTE

Debido á situación especial na que estamos, indicamos aquí unhas breves instrucións sobre o acceso á Aula Virtual.

Por defecto, o alumnado non terá que usar o seu nome de usuaria/o e o seu contrasinal para acceder a todos os contidos dos cursos.

Parabéns ao equipo finalista do concurso Enerxía Con Conciencia

Parabéns ao grupo de 3º de ESO que foi finalista no V Campionato Enerxía Con Conciencia, convocado pola Fundación Repsol, e que se celebrou en MAdrid o pasado 27 de xuño.

Podedes ver o vídeo na seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=10&v=tlHug_bw2xg

Parabéns ás Xardas de 2º de Bacharelato

O venres 28 de xuño, nas oficinas de Altia, as compoñentes do equipo Xarda recibiron o premio da I edición do Desafío GenTech. Foi moi emotivo o gran aplauso con que os traballadores e traballadoras da empresa as recibiron. 
Tras unha reunión informal co xurado e representantes da empresa para falar das motivacións que as levaron a participar no concurso e das súas expectativas na súa nova etapa universitaria, recibiron un agasallo como mostra de recoñecemento ao traballo que presentaron ao concurso.
Parabéns equipo e sorte na nova andaina que iniciades!!!

VI Carreira Pedestre

O vindeiro día 21, coincidindo coa finalización das clases, celebraremos a VI Carreira Pedestre do IES Fontexería.

Este ano, os ingresos que se recaden por inscricións serán destinados a colaborar coa organización Médicos sen Fronteiras, en apoio das súas campañas en favor dos colectivos desfavorecidos e con necesidades médicas, nutricionais ou humanitarias.

A carreira conta coa colaboración da Policía Local e de Eleuterio Balayo SL.

Campaña 8 de marzo no primeiro ciclo da ESO

 

Na campaña deste ano polo 8 de marzo, centrámonos en visibilizar o teito de cristal entre o alumnado de 1º ciclo da ESO, e de seguir a xornada de loita e as  súas reivindiciacións. 

Deixamos aquí algunha das fotos da campaña 8 de marzo deste ano. 

 

Profesoras responsables: Carmen Vigo e Manuela Carballude

6.jpg

Fontexería con Orgullo

Alumnas de 4º ESO deseñaron a campaña "Fontexería con Orgullo" para loitar contra a homofobia dentro e fóra do centro. Cómpre salientar o cuestionario anónimo sobre benestar psicosocial entre o alumnado LGTBi do centro -a cargo das propias alumnas-, a proposta de visionado e análise dos vídeos aquí enlazados e o deseño dunha camiseta e unha pegatina para repartir entre o alumnado.

STOP HOMOFOBIA A3.JPG

Educación emocional e comunicación positiva, ferramentas para a igualdade

Deixamos nesta entrada algunhas das actividades desenvolvidas nas materias de Comunicación oral e escrita en 1º e 2º ESO. O enfoque metodolóxico destas materias xira ao redor da comunicación emocional e as estratexias de mediación e resolución dialogada de conflitos. Poñer nome non só ás propias experiencias subxectivas, senón tamén as dinámicas nas relacións entre iguais, en pequeno e gran grupo, supón unha aprendizaxe imprescindible para cuestionar os roles de xénero.

8.jpg

O machismo está....e regueifa feminista

Aquí están algunhas das respostas do alumnado de 1º BAC á pregunta de onde está o machismo:

na propaganda, no regaeton, na linguaxe, nas relacións, na intimidade, nas imaxes, en nós mesmas...Podedes ver os eslógans que propoñen para sacudírmonos o machismo de enriba...

Regueifa Luna e Alba.png
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut