Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Diverxería

Agora que remata o curso facemos memoria do que foi a Semana Cultural desde ano. Desta volta estivo especialmente centrada na diversidade, tal e como se aprecia no seu título, Diverxería, e tamén no cartel que deseñou a alumna de 1º de Bacharelato Ana García. 

 

 

O luns arrincamos coa visita de Antía Yáñez, que entre outras cuestións falou sobre a súa obra Be Water, moi interesante dende o punto de vista de xénero. O martes visitounos Cristina Palacios, a presidenta de ARELAS, que desenvolveu un obradoiro sobre diversidade afectivo-sexual con 2º ESO.

 

 

O mércores foi un día intenso. En 3º ESO tiveron un obradoiro de igualdade con FADEMUR e un obradoiro de improvisación como ferramenta de autodefensa impartido pola Rabela e High Paw. En 1º de Bacharelato, Nuria Vil, de Dúas gamberras e un micro, espallou entre o alumnado a poesía de Xela Arias por medio da palabra falada

 

 

Paralelamente a isto, un grupo de alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato ofreceu ao longo da semana unha serie de obradoiros relacionados coa igualdade e coa diversidade. As intervencións foron cos diferentes cursos da ESO seguindo tres eixos temáticos: a diversidade afectivo-sexual, a deconstución do mito da beleza e as novas masculinidades. As persoas encargadas de deseñar e impartir os obradoiros foron Amadora Lojo, Hugo Caamaño, Lara Figueroa, Sara D. Cubelo, Álvaro Andrade e Manel Agra.

 

 Velaquí un vídeo resumo desta Semana Cultural realizado polo EDLG: Diverxería



Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut