Encontro co alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra

O día 8 de xuño algúns dos rapaces de segundo e terceiro da ESO do IES do Camiño xuntáronse coa rapazada do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel. Xa se coñecían por carta, pois dende o primeiro trimestre os Departamentos de Lingua Galega e Castelá dos dous centros coordinaron un proxecto de envío de misivas co obxectivo de fomentar a expresión escrita. O encontro foi curto, a viaxe foi longa e choveunos; pero recibíronnos con moito agarimo e un aperitivo, os rapaces puxéronlles cara ós seus correspondentes, xogaron ós detectives e quedaron con gana de máis.

Na imaxe podemos ver a todo o grupo no Centro de Interpretación das Covas en Meiraos, pois alí rematou a nosa viaxe.

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita ao Courel