Entroido 2021

Este ano segue a ser un ano atípico en tódolos sensos e o entroido non podía ser menos. Aínda así os alumnos e alumnas do instituto do Camiño de Palas de Rei decidiron vir disfrazados e disfrazadas ao longo da semana, cada día cunha temática distinta en cada curso, á súa libre elección.

Así que aínda que pouco máis se podía facer, xa que non houbo festa nin doces típicos do entroido como en cursos pasados, non faltaron as ganas, a ilusión e a cor no centro e como non, propuxéronnos ao profesorado que tamén nos disfrazaramos.

Polo que o venres, no IES do Camiño, por uns intres esquecemos que estamos nunha pandemia e gardando as medidas de prevención da Covid 19, fomos un chisco máis felices e celebramos o entroido á nosa maneira. Iso si, agardamos que para o ano que vén, teñamos festa, doces, risas e moita ilusión. 

Feliz entroido a toda a comunidade educativa do IES do Camiño. 

No seguinte enlace podedes ver as fotos dunha xornada distinta nesta nova normalidade que estamos a vivir: