Bo Nadal 2020

Somos conscientes de que comezamos este primeiro trimestre con moitos temores e incertidumes de como sería a volta ás aulas. Agora que xa rematou este primeiro trimestre, podemos valorar moi positivamente o grao de compromiso que tivestes coas medidas de prevención ante a covid 19, para que todo se desenvolvera coa maior normalidade posible. 

 

Estamos xa a piques de rematar este ano 2020, que trouxo moitos cambios nas nosas vidas, cambios non desexables,  que nos fixo mudar moitos hábitos e que nos puxo moitas barreiras a diario e que segue a facelo.  Pero aínda así, tamén nos fixo valorar as pequenas cousas do noso día a día, a darnos conta da felicidade que estaba ao noso redor e non valorabamos,  a recoñecer o valor dun abrazo  ou de xuntarnos coa familia e cos amigos e amigas, entre outras moitas. 

 

Por iso non queremos desaproveitar a ocasión para desexar a toda a comunidade educativa unas felices festas e un próspero ano 2021.

GRAZAS por formar parte desta gran familia, vémonos no ano novo. Mentres, gozade da vosa familia, dos vosos amigos e amigas e de todo aquilo que vos enche de risas, de ledicia e de benestar.  

 

Bo Nadal  2020!