25 DE NOVEMBRE: JOURNÉE INTERNATIONALE POUR L'ÉLIMINATION DE LA VIOLENCE À L'ÉGARD DES FEMMES

Le rouge et le noir... Sangue vermello, negro loito... Desde o Departamento de Francés tratamos de facer a nosa aportación ao 25-N cunha selección de carteis en lingua francesa vistos na rede, aos que quixemos engadir un da nosa creación. Imaxes icónicas, contundentes, xogos de palabras, ironía: “ Francamente, buscouno”, “ As esquinas das portas volveron matar este ano 44 mulleres”... Calquera recurso é válido para tratar de lograr unha concienciación plena. Mais un só día ao ano non abonda...