Skip to Content

Novas

Ampliación de matrícula (ESA)

Formulario de ampliación de matrícula en Módulos 2 e 4 da ESA

Todos aqueles alumnos e alumnas que obtiveron unha cualificación positiva en un ou máis ámbitos na avaliación extraordinaria da Educación Secundaria para Persoas Adultas, con data 21/05/2020, deberán pasar pola secretaría do IES Campo de San Alberto, en horario das 10 ás 13 horas, para cubrir o formulario de ampliación de matrícula.

O prazo para facer efectiva a ampliación remata o día 25/05/2020 ás 13:00 horas.

AXUDAS LIBROS, MATERIAL ESCOLAR FONDO DE LIBROS CURSO 2020/2021

Publicouse no DOG do martes 19 de maio de 2020 a orde para solicitar as axudas para libros e material escolar para o alumnado de 1º a 4º de ESO. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

As solicitude presentaranse preferentemente via telemática a través da aplicación Fondolibros

O plazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 19 de xuño ambos incluidos.

Poden descargar o manual do cidadán fondolibros aquí.

O alumnado de 1º e 2º ESO solicita o vale de material escolar (porque están no proxecto Edixgal e contan cun ordenador)

O alumnado de 3º e 4º ESO solicitará o vale de material escolar e o de libros de texto.

O noso servicio administrativo de recollida de documentación será no seguinte horario:

MARTES, XOVES E VENRES de 9:30 A 13:30 horas.

Información sobre a 2ª AVALIACIÓN. Curso 2019-2020

Venres 27 de marzo de 2020

A. Instrucións do 27 de marzo da Consellería de Educación, sobre medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º trimestre

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

  3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.

B. Segunda avaliación no noso Instituto

  • • Seguiranse as instrucións da Consellería de Educación, avaliándose os contidos do 2º trimestre en función das tarefas e probas realizadas ata o 13 de marzo do 2020 (os contidos que se están traballando telemáticamente serán avaliados posiblemente no 3º trimestre).

  • • Hai que ter en conta que nalgunhas materias a nota poderá ir en branco, dado que o profesorado pode considerar que non dispón de elementos suficientes para avaliar ao alumnado. En calquera caso, desde as titorías enviarase ás familias a información que o profesorado de cada grupo considere axeitada trasladarlles para o desenvolvemento académico de cada un dos nosos alumnos e alumnas.

  • • Cabe destacar que, nas ensinanzas de ESO e BACHARELATO, esta 2º avaliación ten carácter informativo, polo que o máis importante será observar a evolución académica do alumno ou alumna de cara a avaliación final de xuño.

  • As notas publicaranse a través do ABALAR MÓBIL o venres 3 de abril a partir das 12:00 horas.

    Desde o 4 ata o 13 de abril "DESCONECTAREMOS" POR VACACIÓNS! Retomaremos o traballo o 14 de abril.

Recomendacións

 MOI IMPORTANTE:

Enviade os traballos respectando os prazos acordados co profesorado.

 

Enlace ás Orientacións para Teletraballar

 Comunicación directa coa nosa Orientadora a través das redes sociais:

Instagram e Twitter: @orientacasa

eMail: maruxa@edu.xunta.es / orientacasa@gmail.com

CORONAXENDA CASA

Boas,

   Desde o centro xa temos un protocolo provisional de funcionamento, formación e comunicación telemática entre a nosa comunidade educativa. É de carácter provisional, pois o obxetivo é comezar esta semana e ir modificando accións e recursos segundo as demandas e necesidades reais. 

     Co fin de organizar todo o material e que alumnado e familias poidades seguir o desenvolvemento curricular facilmente, habilitarase un espazo na páxina principal da web do centro con enlaces directos aos contidos de cada curso. 

Consulta as ligazóns ás axendas de cada curso.

   Seguiremos en contacto virtual...

Apertas, paciencia e MOITO ÁNIMO!!!

Consulta Nota Informativa para alumnado e familias.

 

ESO

BAC

FP BÁSICA E CICLOS

EPA

 1º A ESO

1º B ESO

1º A BAC

1º C BAC

1º FP BÁSICA

2º FP BÁSICA

EBI I

 2º ESO A

 

 2º ESO B

1º B BAC

1º D BAC

1º TELECO

2º TELECO

EBI II

 3º ESO A

 3º ESO B

 2º A BAC

1º XADE

2º XADE

ESA I

 4º ESO A

4º ESO B

2º B BAC

1º ADF

2º ADF

ESA II

 

1º LAB

2º LAB

 

 

ALUMNADO

FAMILIAS

Seguir o horario de clase e traballar os contidos que correspondan a cada materia.

Consultar Abalar Móbil e a web do centro diariamente.

Consultar na web do centro as tarefas a realizar cada día dende o Enlace do teu curso.

Facer seguimento diario das tarefas do seu fillo ou filla.

Comunicarse co profesorado a través de email ou chamando ao centro para concertar titoría telefónica.

Comunicarse co profesorado a través de email ou chamando ao centro para concertar titoría telefónica.

INFORMACIÓN CORONAVIRUS CSA

NOVAS INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN RELACIÓN CO COVID-19 do venres 13 de marzo de 2020.

 Consulta aquí

 _________________________________________________________________________________________________________

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020, do xoves 12 de marzo de 2020.

Consulta aquí.

___________________________________________________________

Desde o IES estamos preparando un protocolo para que o noso alumnado poda seguir traballando on line co apoio do profesorado.

 

A canle oficial de comunicación coa nosa comunidade educativa será a WEB do centro.

A maiores, emitiranse comunicados para as familias través de ABALAR MÓBIL.

O equipo directivo

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión do 11 ao 18 de maio de 2020.

Podes realizar a solicitude de 3 maneiras:
  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. Para esta opción precisas a chave 365 ou certificado dixital.

É necesaria a presentación da copia do DNI do alumno ou alumna.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes a través da seguinte LIGAZÓN ADMISIÓN.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO CENTRO

LUNS A VENRES DE 10:00 H. A 13:00 H.

Consulta aquí os prazos do procedemento

AXUDAS PARA ACTIVIDADES FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2020

 Neste ENLACE tedes toda a información sobre as axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2020, destinadas a alumnado de ESO e BACHARELATO.

Xornadas de Portas Abertas

Distribuir contido


by Dr. Radut