Skip to Content

Novas

Rota de Sendeirismo

O luns 1 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato fixo unha rota de sendeirismo pola costa, dende o Instituto ata Porto do Son.

Podes ver mais fotos na Galería, picando na imaxe.

INICIO DE CURSO 2018-2019

 

 

INICIO DE CURSO 2018-2019. PRESENTACIÓNS aquí.

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA SETEMBRO

AVALIACION EXTRAORDINARIA

CURSO 2017-18 

  • ENTREGA DE NOTAS:

  • 1º BACHARELATO, ESO, FP BÁSICA e ESA:

    • XOVES 6 de SETEMBRO ás 10:00 horas

    • 10:30h: Revisións de exames.

  • ESO: Entrega de libros de texto XOVES 6 SETEMBRO.

  • PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS:

  • 1º BACHARELATO, ESO, ESA e 1º FP BÁSICA:

    • XOVES 6 e VENRES 7 SETEMBRO ata as 14:00 horas. 

  • COMUNICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS:

    • 1º BACHARELATO, ESO, ESA e 1º FP BÁSICA:

      • Ata ás 12:00 do LUNS 10 SETEMBRO.

  • 2º BACHARELATO: consultar calendario setembro aquí.
  • ABAU convocatoria de setembro aquí.

  

 

LIBROS DE TEXTO 2018-2019

Aquí podes consultar a relación de libros de texto por nivel e materia para o vindeiro curso académico 2018-19.

 

RECOMÉNDASE NON MERCAR OS LIBROS ATA FALAR CO PROFESORADO EN SETEMBRO.

AXUDAS ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LINGUA INGLESA

Convocadas axudas para a realización de actividades fomativas en lingua inglesa.

Consulta AQUÍ  as bases.

Galería de Imaxes: Rafting e Climántica

Actualizada a Galería de Imaxes con fotos das actividades de Rafting e o Proxecto Climántica.

Podes acceder picando nas imaxes.

 

 

 

 

 

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Información ás familias sobre a orde do 09 de maio de 2018 (DOG 21/05/2018) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de ESO para o curso escolar 2018/2019.

Prazo de presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018.

Consulta a información detallada neste enlace.

Entrega de Premios do Certame Alberto Romasanta

O 16 de maio tivo lugar no noso centro a XXIV entrega dos premios do certame literario "Alberto Romasanta" que convocamos cada ano os dous institutos de Noia.


Nesta ocasión fixemos unha pequena homenaxe á figura de María Victoria Moreno e tivemos a sorte de contar como artista convidado a Cándido Pazó, que nos contou preciosas e divertidas historias relacionadas co mundo do mar.

Día de Rosalía 2018

Recitado de poemas do alumnado de 1º ESO para o Día de Rosalía. Entre as imaxes de fondo hai debuxos deste grupo e tamén de alumnado de 6º de Primaria do Colexio Rodríguez Cadarso da Barquiña, feitos na xornada de portas abertas.

Distribuir contido


by Dr. Radut