Skip to Content

Dpto Lingua e Literatura Galega

Actividades do 23 de abril

Inauguración da Exposición sobre O Mar na entrada do Instituto grazas ao Museo do Mar de Noia e en especial a Félix González Túñez, que impartiu a charla "As artes de pesca" para 2º Bac. sobre a evolución das artes de pesca na ría de Noia dende tempos do Imperio Romano a hoxe.
O EDLG organizou un Intercambio co IES Eduardo Pondal de Ponteceso, no que o alumnado de 3º da ESO de ambos centros puido confraternizar arredor das figuras de Pondal e Avilés. Durante a nosa visita coñecimos a casa de Pondal, a Fundación "O Couto", as dunas de Barra e Valarés, con parada no Dolmen de Dombate.

Certame Literario "Alberto Romasanta"

Dentro das actividades programadas para o Mes Cultural, convócase o certame literario "Alberto Romasanta", compartido co IES Virxe do Mar. A entrega de premios terá lugar no noso centro.
 

Podedes consultar as bases picando na imaxe.

Visita ao PERGAMIÑO VINDEL, no Museo do Mar en Vigo

O alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato foi contemplar o Pergamiño Vindel ao Museo do Mar en Vigo nunha saída organizada polo departamento de Lingua Galega e o EDLG o día 15 de Febreiro.
Unha vez alí o monitor da actividade guiada contextualizou o Vindel dentro do marco histórico. Deixou de lado os aspectos artísticos e literarios e incidiu na importancia de que sexa un texto profano nun mundo dominado pola relixión. Sobre todo fixo fincapé nas diferenzas entre os avances tecnolóxicos e científicos que había en Allandalus naquela altura e os dos reinos cristiáns, para o que se centrou no mundo da medicina. Para demostralo puxo en marcha unha especie de obradoiro no que os rapaces/as participaron facendo as veces de enfermos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut