Un grupo de alumnos e profesores do IES asistiron no Parlamento de Galicia o xoves 11 de Decembro, ó acto de entrega dos premios do concurso de fotografías ‘A miña patria, my homeland’, un acto presidido pola titular da Cámara autonómica, Pilar Rojo, e no que participaron o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira.
Este concurso enmárcase dentro do programa educativo europeo Comenius Regio ‘Education and the labour market’, do que España é socio xunto con Grecia. Por parte de Galicia, xunto coa Consellería de Cultura e Educación, tamén participan o Parlamento, o IES Campo de San Alberto de Noia e o club de tempo libre O Treito de Lousame.