Skip to Content

XUNTANZA FAMILIAS CURSO 2024/25

Xuntanzas de familias os días 17 e 18 de setembro. Na seguinte imaxe podedes consultar a hora asignada para cada curso:

INICIO DE CURSO 2024/2025

 

Preme nos ficheiros adxuntos para descargar o documento

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 Preme en ficheiros adxuntos para acceder á listaxe de libros de texto do curso 2024/2025

PUBLICACIÓN LISTAXE VALES DE MATERIAL

Mañá publicárase no centro a listaxe provisional dos vales de material solicitados para alumnado de ESO. Haberá dous días para reclamacións.
Aquelas familias que teñan concedido o vale poden pasar a recollelo en horario de 9:30 a 13:30 ata o día 31 de xullo e a partir do día 1 de setembro.

O alumnado da ESO non ten que mercar axenda escolar, entregaráselle unha no centro.

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS 1º BACHARELATO

 

Para ver o documento ampliado, premer no documento adxunto

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ABAU 2024

PRAZO MATRÍCULA: 13,14 E 17 XUÑO 2024

DATAS ABAU: 2, 3, 4 XULLO DE 2024, VER HORARIOS NOS ADXUNTOS.

LUGAR: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Avda. do Burgo. Campus Norte. Santiago.

 

INFORMACIÓN ADMISIÓN E MATRÍCULA FP BÁSICA CURSO 2024/25

MATRÍCULA EN 1º FP BÁSICA

Alumnado de nova incorporación en 1º de FP Básica e alumnado que repite 1º curso.

PRAZO SOLICITUDES DE INSCRICIÓN 1º CURSO: do 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1º CURSO: as solicitudes cubriranse no asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp e entregarase na secretaría do centro para ser validada, en horario de 9:00 a 14:00h.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO 1º CURSOO día 8 de xullo poderase consultar a información da resolución provisional de solicitudes para cursar ensinanzas de formación profesional básica.. A matrícula farase presencialmente no centro educativo no prazo correspondente á adxudicación. Os centros de orixe comprobarán a corrección da información e terán ata o día 11 de xullo ás 14:00 horas para realizar as emendas que sexan necesarias.

PERÍODO DE RECLAMACIÓN CONTRA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE SOLICITUDES: As persoas que desexen reclamar contra a resolución provisional de solicitudes teñen desde o 8 de xullo ás 9:00 horas ata o 11 de xullo ás 13:00 horas. Serán os centros de orixe os encargados de emendar a información da listaxe.

MATRÍCULA 1º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, a partir do día 23 de Xullo, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

MATRÍCULA EN 2º FP BÁSICA

Todo o alumnado que promocione de 1º a 2º de ciclo ou que repita 2º debe facer matrícula en 2º,  presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. 

PRAZO MATRÍCULA 2º CURSO:  a partir do 23 de Xullo de 9:00 horas ata as 13:00.

MATRÍCULA 2º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

 

TODA A INFORMACIÓN ESTÁ DISPOÑIBLE NO ADXUNTO DE INSTRUCCIÓN XERAS FP BÁSICA 2024-25

 

INFORMACIÓN ADMISIÓN E MATRÍCULA CICLOS MEDIOS E SUPERIORES CURSO 2024/25

MATRÍCULA EN 1º CICLO MEDIO OU SUPERIOR

Alumnado de nova incorporación en 1º de ciclos medios ou superiores e alumnado que repite 1º curso.

PRAZO SOLICITUDES DE INSCRICIÓN 1º CURSO: do 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1º CURSO: as solicitudes cubriranse no asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp e entregarase na secretaría do centro para ser validada, en horario de 9:00 a 14:00h.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO 1º CURSO: as listaxes de alumnado admitido publícanse en varias quendas. A matrícula farase presencialmente no centro educativo no prazo correspondente á adxudicación.

MATRÍCULA 1º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

MATRÍCULA EN 2º CICLO MEDIO OU SUPERIOR

Todo o alumnado que promocione de 1º a 2º de ciclo ou que repita 2º debe facer matrícula en 2º.

PRAZO MATRÍCULA 2º CURSO: do 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

MATRÍCULA 2º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

 

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2024/25

26 - 27 XUÑO: MATRÍCULA EN BACHARELATO

28 XUÑO - 3 XULLO: MATRÍCULA 3º - 4º ESO

4 - 5  XULLO: MATRÍCULA 1º - 2º ESO

DOCUMENTACIÓN: impreso de matrícula do curso correspondente + documentos anexos ESO/BACH según corresponda (ver documentos adxuntos máis abaixo).

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS ESA MÓDULOS 2 E 4

Para ver o documento ampliado, premer no documento adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut