Skip to Content

Premios do Concurso de Relatos "AMAR O MAR"

Aproveitando as xornadas de portas abertas o 16 de Febreiro fíxose un acto de acollida do alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe Rodríguez Cadarso da Barquiña que se aproveitou para celebrar a entrega dos premios correspondentes ao concurso de relatos que organizamos conxuntamente entre os dous Equipos de Dinamización da Lingua e da Biblioteca, así como as direccións de ambos centros.

O xurado estaba composto por profesorado de cada centro, e os relatos estaban repartidos nos niveis de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Durante o acto houbo intervencións musicais de alumnado dos dous centros, así como recitado de poemas e cancións por parte de alumnado da EBI, e lectura dos relatos premiados, converténdose así nun interesante evento interxeracional.


Relación de premiados

6º de Primaria:

Lucas Pardo Túñez por "María e o mar"

Antón Palacios Sánchez por "O meu amigo o mar"

1º e 2º ciclo de ESO:

Sofía Isabel Marcano de 2º ESO por "Nostalxia"

Paula Places Horta de 3º ESO por "Ondas amargas"

Bacharelato e Ciclos:

María Creo Rodríguez de 2º BAC (sen título)

Yaiza Collazo Lojo de 1º Admon e Finanzas por "Amor polo mar"

Visita ao PERGAMIÑO VINDEL, no Museo do Mar en Vigo

O alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato foi contemplar o Pergamiño Vindel ao Museo do Mar en Vigo nunha saída organizada polo departamento de Lingua Galega e o EDLG o día 15 de Febreiro.
Unha vez alí o monitor da actividade guiada contextualizou o Vindel dentro do marco histórico. Deixou de lado os aspectos artísticos e literarios e incidiu na importancia de que sexa un texto profano nun mundo dominado pola relixión. Sobre todo fixo fincapé nas diferenzas entre os avances tecnolóxicos e científicos que había en Allandalus naquela altura e os dos reinos cristiáns, para o que se centrou no mundo da medicina. Para demostralo puxo en marcha unha especie de obradoiro no que os rapaces/as participaron facendo as veces de enfermos.

 

Xornadas de portas abertas