Skip to Content

CONTE AVEC MOI: “hahulala”

O venres tivemos connosco o contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou.Invitounos a viaxar a África a través das palabras e do ritmo.

Fillo de tradición oral, Samuel naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde siguen vivas moitas tradicións e costumes ancestráis. Nese contexto medrou e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.

O seu amplo e variado repertorio componse esencialmente de contos, lendas, anécdoras, parábolas e mitos africanos. Son historias en francés cheas de calor e cores que invitan a pensar e potenciar valores humanos como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, o mesmo tempo que nos transportou ata as profundidades do continente e ata o espíritu da África Negra .

Programa Con-Ciencia

Durante todo o curso académico estaremos integrados no Programa CON-CIENCIA, no que se tratarán temas relacionados có medio ambiente e a sostenibilidade.

Dirixido a alumnado de 2º ESO, virán especialistas (oceanógrafos) para impartir dúas sesións ao mes, de maneira teórico-práctica.

 

Actividade encadrada no programa Axenda2030.

Día mundial da saúde mental

Celebración do Día mundial da saúde mental.

Membros da asociación "A creba" levaron a cabo un obradoiro có alumnado de 2º e 3º ESO.

Podes ver mais imaxes na Galería, picando na foto.

CONCURSO CONTOS DE MEDO PARA SAMAÍN

Rota de Sendeirismo

O luns 1 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato fixo unha rota de sendeirismo pola costa, dende o Instituto ata Porto do Son.

Podes ver mais fotos na Galería, picando na imaxe.

LIBROS DE TEXTO 2018-2019

Aquí podes consultar a relación de libros de texto por nivel e materia para o vindeiro curso académico 2018-19.

 

RECOMÉNDASE NON MERCAR OS LIBROS ATA FALAR CO PROFESORADO EN SETEMBRO.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2018

Consultade aquí as datas e os horarios dos exames de setembro:   

 

Exames Lingua Castelá 4º ESO e 1º BAC: consultar contidos aquí.

BO VERÁN!!!

                                           

                                                     

 

 

Alumnos de 2º da ESO gañadores do DXC Codes 2018

 Iago Ávila,Diego Creo e Pepe Palacios de 2º da ESO gañaron na categoría senior o concurso de programación en  Scratch para nenos  DXC  Codes co seu proxecto Galactic tournament.

Alumnos gañadores

 

 O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio ( CEIN) de  DXC  Technology da Cidade da Cultura,organizador do concurso, acolleu o sábado 23 de xuño 2018, a entrega de premios. O premio consisteu nun diploma acreditativo e un mbot,un robot educativo para cada alumno gañador. Esta é unha iniciativa a nivel mundial de  DXC  Technology para fomentar vocacións no ámbito  STEM e este ano, por primeira vez, está organizado desde Galicia.

  Presentaron os seus traballos 51 nenos (16 nenas e 35 nenos, cun 31% de participación feminina), de colexios de toda Galicia (Santiago, Ferrol, Moaña e Noia).Finalistas do DXC Codes

 

Os mesmos alumnos foron finalistas no concurso organizado polo CPTIG,donde chegaron á segunda fase só 12 proxectos entre 72.

 

 

 

AXUDAS ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LINGUA INGLESA

Convocadas axudas para a realización de actividades fomativas en lingua inglesa.

Consulta AQUÍ  as bases.

Distribuir contido


by Dr. Radut