Skip to Content

PRIMAVERA CULTURAL

BOLSAS DE ESTUDOS.CURSO 2022/2023

23 Mar 2022 19:30


O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

USO MÁSCARA PATIOS EXTERIORES

Bo día familias,
o comité subclínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19 acordou deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. Podedes consultar a circular informativa no seguinte enlace: páxina consellería
En consecuencia, a partir de agora, non será necesario o uso de máscara nos patios exteriores do IES.

Un saúdo,
O Equipo directivo.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

14 Mar 2022

O luns 14 de marzo en horario de 18:30-20:00 o novo alumnado e as familias que así o desexen poderán visitar ás instalacións do IES.

MARZO, CON M DE MULLER

Estimadas familias e demáis comunidade educativa:

Dende o Equipo de Igualdade do noso centro desenvolvemenos con ilusión o noso Plan de Igualdade ao longo de todo o curso con diferentes actividades e propostas. Se visitades a pestana de Igualdade da nosa web atoparedes todas as propostas.

Agora estamos traballando en MARZO, CON M DE MULLER.

Entre as iniciativas que presentamos están:

1- “As mulleres reais superamos a ficción”. Decoramos o noso centro con carteis de películas nas que as protagonistas somos as mulleres do noso IES, superando á ficción audiovisual e contribuíndo ao proxecto interdiciplinar “O CINE”.

2.-Exposición “Cartas de Amor”. Dispoñible no hall do centro ata o 15 de marzo. Convidamos a todos os membros da comunidade educativa a visitala e a traballala dende as titorías e as diferentes materias.

3.- I MOSTRA DE CURTAS NO CASA: “RODANDO CONTRA A VIOLENCIA ÁS MULLERES”

Dende o 8 ao 18 de marzo estará dispoñible o visionado e o formulario de votación online na páxina web do centro e na pestana de igualdade.

Animamos de novo a toda a comunidade educativa a ver e a votar estas curtas que o noso alumnado de 1º de Bac e 2º ESO realizaron rexeitando a violencia ás mulleres.

Haberá 3 premios: segundo a votación do persoal do centro, segundo o resultado da votación das familias e segundo a votación do alumnado.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e aportacións en favor da IGUALDADE.

O EQUIPO DE IGUALDADE

 

SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

PARA ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS:

O prazo de reserva de praza está aberto dende o 1 ata o 21 de marzo, toda a información aquí abaixo:

NORMATIVA

INSTRUCIÓNS

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

VACANTES

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS:

Todas as solicitudes de reserva para 1º da ESO e 1º de BACHARELATO feitas dende os centros adscritos foron admitidas.

CONCURSO DE CREACIÓN AUDIOVISUAL

Estadías lingüísticas no estranxeiro dirixidas a alumnado de Bacharelato

No seguinte enlace atoparedes toda a información:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36239

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

1º BACH

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2º BACH

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

 Total prazas:

525

Distribuir contido


by Dr. Radut