Skip to Content

Novas

Carreira de campo a través en Porto do Son

 

O 16 de decembro tivemos a segunda proba de campo a través do curso. O instituto participou con representación nas categorías de infantil e cadete, tanto masculinas como femininas. Estas carreiras celebráronse no campamento Virxe do Loreto en Porto do Son. O día estaba perfecto para desfrutar da actividade.

Campionato de Bádminton cadete en Serra de Outes

Alumnado da categoría cadete do centro acudiu, o 3 de decembro, a Serra de Outes para participar nun campionato de bádminton.

Foron acompañados polos profesores de Educación Física.

badminton

Campionato infantil de bádminton en Serra de Outes

 

Un grupo de alumnado de 1º e 2º de ESO do centro acudiu, o 26 de novembro, a Serra de Outes para participar nun campionato de bádminton na categorías infantil, masculina e feminina.

Foron acompañados polos profesores de Educación Física.

Presentación do derbi Deportivo Celta do 21 de novembro do 2015

O alumnado de 3º ESO  do IES Campo de San Alberto e de 1º Bacharelato do IES Virxe do Mar participaron nunha excursión conxunta para asistir na Cidade da Cultura á presentación do derbi galego entre o Deportivo e o Celta deste sábado 21 de novembro en Riazor.

Presentouse unha peza audiovisual que invita ás dúas afeccións a unirse para gozar do noso derbi "Imposible sen ti".

A este acto acudiron, entre outros, os adestradores dos dous equipos, Víctor Sánchez del Amo e Eduardo Berizzo,  os xogadores Álex Bergantiños e Sergio Álvarez, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez FeijóoO acto foi presentado por Terio Carrera. 

Ao final do acto o alumnado poido facer preguntas e fotografiarse cas personalidades asistentes.

A noticia saíu en numerosos xornais e programas de televisión.


Charla do CB Noia

O 16 de outubro a presidenta do CB Noia, Nucha, e o entrenador do primeiro equipo, Jesús, deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o clube e animaron aos asistentes a probar este divertido deporte. 

    Charla blc 1   Carla blc 2

Actividades na Natureza

O departamento de Educación Física organizou, o luns 22 de xuño, unha actividade voluntaria e gratuíta para o alumnado de 1º de Bacharelato para complementar os contidos referentes ás actividades na Natureza.

Os participantes poideron iniciarse nas actividades de kayak e windsurf na praia da Aguieira.

Aguieira 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

Banda deseñada

Campionato de Bádminton en Serra de Outes

Un grupo de alumnado do centro acudiu, o 28 de abril, a Serra de Outes para participar nun campionato de bádminton nas categorías infantil e cadete, masculina e feminina. Foron acompañados polos profesores de Educación Física.

 

Campionato provincial de Orientación

O 16 de abril o IES Campo de San Alberto participou no Campionato Provincial de Orientación en A Cea da Ma en Culleredo con alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO.

A actividade foi moi interesante e a todos nos quedaron gañas de repetir a experiencia.

Orientación 2015-04-16

Distribuir contido


by Dr. Radut