Skip to Content

Actividades

ENQUISA CONVIVENCIA

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011 do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, é necesario elaborar unha nova estratexia 2021-2025. Neste contexto, faise necesario realizar unha nova enquisa de diagnose de convivencia. A enquisa é totalmente voluntaria, as claves de acceso para as familias lévanas o alumnado para a casa.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/enquisa_convivencia_2021

O PRAZO REMATA O 29 DE ABRIL 2021

LIGAZÓNS PARA CUBRIR A ENQUISA:

- FAMILIAS: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

- ALUMNADO DA ESO: https://www.edu.xunta.gal/convobrig

- RESTO DO ALUMNADO: https://www.edu.xunta.gal/convpost

Graciñas pola vosa colaboración.

COREOGRAFÍA CON "M" DE MULLER

Visitádenos no blog do EQUIPO DE IGUALDADE!

MARZO, O MES DA MULLER NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO

 

  

 

ENAPA - ESCOLA DE NAIS E PAIS

Documental das Minas de San Finx

Vídeo documental das minas de San Finx.

 

A TRAVÉS DOS MEUS OLLOS ESTRANXEIROS

Facendo click neste ollo accederás ao magnífico proxecto realizado ao longo deste curso 2018-2019

entre os nosos compañeiros e compañeiras novas, o alumnado de Imaxe e Son, a Rede Solidaria, profesorado e o noso querido Stacey.

VI Encontro da Rede Solidaria

Este fin de semana tivo lugar o VI Encontro da Rede Solidaria de Xóvenes en Guadarrama (Madrid).

Foi unha experiencia incrible...Construíndo Cidadanía Global!

Podes picar na imaxe para ver fotos na galería

Ti controlas, ti decides

Campaña de concienciación viaria dirixida á mocidade.

Pica na imaxe para ver o vídeo

Olladas ao noso mar con Antón Sobral

Actividade realizada có pintor Antón Sobral, dentro do Proxecto Documental Integrado "Olladas ao noso mar".

Picar na imaxe para ver o vídeo.

Excursión pola Ría de Noia

O proxecto "Memoria salgada da Ría de Muros e Noia" do Plan Proxecta, iniciou o desenvolvemento das actividades programadas coa visita ao Museo Marea de Porto do Son e con varias entrevistas a mulleres redeiras.

Ademáis visitaron unha antiga fábrica de salgadura en Serres, Muros. Alumnado e profesorado degustaron unha exquisita comida no espazo que antigamente ocupaba o almacén de fábrica.

Distribuir contido


by Dr. Radut