Skip to Content

Actividades

Xornada de portas abertas nos ciclos de FP do noso Centro

O xoves  5 de maio , o departamento de orientación en colaboración cos departamentos de FP , organizou unha xornada de portas abertas para promocionar os ciclos de FP entre o alumnado de 4º da ESO do noso IES , así como do alumnado do IES Virxe do Mar e do IES de Porto do Son . 
 
Acudiron uns 40 alumnos .Logo dunha pequena presentación no salón de actos ,  foron divididos en 
3 grupos para facer un roteiro polo instituto e amosarlle as instalacións e aulas coas que contan os 
ciclos .Visitaron:
 
Os talleres do ciclo de telecomunicacións ...
 
Laboratorio de telecomunicacións. Laboratorio de telecomunicacións. Laboratorio de telecomunicacións.
 
Do ciclo de laboratorio e diagnóstico clínico ...
 
Laboratorio de diagnóstico Laboratorio de diagnóstico Laboratorio de diagnóstico
 
 E dos ciclos de administrativo .
 
Aula de administrativo Aula de administrativo Aula de administrativo

Feira do libro

Xa deu comezo a feira do libro. Anímate a participar. Podes facelo ata o día 29 de abril. 

V Encontro Global da RED SOLIDARIA

Os días 12, 13 e 14 de febreiro tivo lugar en Guadarrama o V Encontro Global da REDE SOLIDARIA. Alí estivo representado o noso centro polas alumnas de 4º de ESO, María Creo e Carla Places, acompañadas da profesora María José Villaverde. 

 

Atende ás súas reflexións sobre a experiencia que viviron:

"Esta viaxe significou para nós unha experiencia inolvidable. Unha gran oportunidade para decatarnos de que non loitamos sós. De que hai moitas persoas coma nós, cun mesmo obxectivo e que xuntos podemos cambiar o mundo.

Deixamos Madrid atrás conscientes de que quizá non vaiamos a ver nunca máis a estas persoas, pero podemos asegurar que gardaremos no noso recordo toda esta gran experiencia e todo o que aprendimos."

Rapazas Emprendedoras nas TIC

Saída do alumnado de 2º Bacharelato para disfrutar da película "A Esmorga"

 

Cartaz da película "A Esmorga"

 

O alumnado de 2º de Bacharelato saíu o día 17 de decembro a Santiago cos profesores Mercedes Rivas e Matías Barreiro para visionar a película " A Emorga " do director Ignacio Villar, baseada na novela do mesmo título de Eduardo Blanco - Amor.

 

Con Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris" e Karra Elejalde nos papeis de o Cibrán, o Milhomes e o Bocas, o filme narra a liña principal do argumento da novela co destrutivo periplo dos 3 protagonistas polas rúas de Auria, aínda que deixa pouco ou nada apuntados outros aspectos moi importantes da obra, tal e como observaron os alumnos e alumnas que a teñen no seu programa de Literatura.

Distribuir contido


by Dr. Radut