Skip to Content

Novas

Presentación da Revista Entrepontes

Presentación da revista Entrepontes

O venres 3 de maio tivo lugar a presentación da revista do centro, Entrepontes, que recolle os traballos realizados polo alumnado ao longo do curso pasado.
Este número está dedicado ao mundo do mar, así que os diferentes proxectos de investigación xiraron arredor deste tema. O acto contou coa presencia de mariscadoras, redeiras e outras persoas vinculadas ao mundo do mar, así como coa coordinadora do Plan Proxecta, Educación Patrimonial, da Consellería de Educación, Mariña López.

Na foto aparecen de esquerda a dereita, Liliana Solís, Inés Vázquez, Celeste Pintos, Mariña López, Rosa Andión e Uxía Miguéns. Podes picar na imaxe para acceder a canalbarbanza e ver vídeos e mais información.

Acto de homenaxe por xubilación de Julio Caamaño

A comunidade educativa do IES Campo de San Alberto levou a cabo un acto de recoñecemento a Julio Caamaño, que fora o seu director durante 13 anos, con motivo da súa xubilación.

O centro aproveitou ó acto para presentar o numéro 8 da revista "Entrepontes".

Pódese ver un vídeo do acto picando na imaxe.

Presentación Laura Lojo

Laura LojoLaura LOJO RODRÍGUEZ é profesora titular no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina literatura en lingua inglesa e estudos de xénero. Laura dirixe o grupo de referencia competitiva ‘Discurso e Identidade’, financiado pola Xunta de Galicia, e o grupo de innovación docente ‘Identidade e Estudios de Xénero na cultura e literatura anglófona’.

Presentación sobre Virxinia Woolf

ENTREVISTA A NÉLIDA PIÑÓN

Entrevista a Nélida Piñon,realizada  por Skipe entre Noia e Río de Janeiro por alumnado de 1º de Bacharelato do IES Campo de San Alberto.
A entrevista está enmarcada dentro do proxecto da revista do centro,  Entrepontes.

ENTREPONTES V

Fotografía dos asistentes

O pasado xoves 18 de xuño,tivo lugar a presentación do número 5 da revista do centro "Entrepontes".
Contamos coa presenza do artista noiés José Luís Veiras Manteiga e o actor Rubén Prieto, protagonistas de dúas das entrevistas realizadas polo alumnado para este número.
En breve  publicarémola nesta mesma web. Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.Guiño

PRESENTACIÓN DA REVISTA DO CENTRO ENTREPONTES

Cartel da presentación da revista

Presentación da revista "Entrepontes"

Xa tivo lugar a presentación da nosa prestixiosa revista "Entrepontes 2012-13" o pasado venres 21 de febreiro, tal e como había sido anunciado nesta mesma web. Aquí tedes agora unhas fotografías do acto realizado na Biblioteca do Instituto, no que tivemos a honra de contar coa presenza da benquerida Aurora Marco:

Presentación da revista

Como todos os anos, o vindeiro venres día 21 de febreiro, temos a presentación da prestixiosa revista do noso centro, "Entrepontes". Os profes estades todos invitados, pero por falta de capacidade na Biblioteca, onde vai ter lugar o acto, só pode asistir aquel alumnado que fora invitado expresamente polo equipo da Revista. Comopodedes observar na invitación que se achega de seguido, contaremos coa presenza de Aurora Marco.

Distribuir contido


by Dr. Radut