Skip to Content

Novas

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E LIBROS DE TEXTO

MÉRCORES 26 DE XUÑO

Consultar aquí horarios.

REUNIÓN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA COAS FAMILIAS

 

Estimadas familias:

 O próximo MÉRCORES 5 XUÑO convocámosvos a unha reunión informativa sobre a orientación académica no salón de actos do noso centro. Trataremos a elección de materias para o próximo curso, os ciclos formativos que se imparten no noso centro e orientación académica de fin de etapa.  

Os horarios das reunións serán os seguintes: 

ALUMNADO DE 2º ESO (para matrícula de 3º ESO): 18:00 - 18:30 H. 

ALUMNADO DE 3º ESO (para matrícula de 4º ESO): 18:30 - 19:00 H.     

ALUMNADO DE 4º ESO (para matrícula de 1º BAC): 19:00 - 19:30 H.

ALUMNADO DE 1º BAC (para matrícula de 2º BAC): 19:30 - 20:00 H.

 

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

 

 

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020.

Orde do 3 de maio de 2019  (Extracto) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

Enlace Consellería

 

 

Presentación da revista Entrepontes

O venres 3 de maio tivo lugar a presentación da revista do centro, Entrepontes, que recolle os traballos realizados polo alumnado ao longo do curso pasado.
Este número está dedicado ao mundo do mar, así que os diferentes proxectos de investigación xiraron arredor deste tema. O acto contou coa presencia de mariscadoras, redeiras e outras persoas vinculadas ao mundo do mar, así como coa coordinadora do Plan Proxecta, Educación Patrimonial, da Consellería de Educación, Mariña López.

Na foto aparecen de esquerda a dereita, Liliana Solís, Inés Vázquez, Celeste Pintos, Mariña López, Rosa Andión e Uxía Miguéns. Podes picar na imaxe para acceder a canalbarbanza e ver vídeos e mais información.

Exames extraordinarios da ESA

Ruta literaria das EBI

No marco do novo proxecto "En algún lugar de esta aula...", o alumnado das Ensinanzas Básicas Iniciais de adultos fixo unha ruta literaria por Orihuela e os poetas do Sur. Podes ler os artigos da prensa picando nas imaxes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas fotos na Galería de Imaxes

Engadidas á Galería de imaxes fotos das actividades:

- Visita á USC (BAC).

- Xornada de acollida ao alumnado do CEIP Rodríguez Cadarso da Barquiña.

Visita á USC Acollida alumnado da Barquiña

Oferta educativa 2019-2020

Entroido 2019

 

VENRES 1 DE MARZO celebraremos o noso entroido no ximnasio do instituto.

Teremos desfile, concurso de disfraces, chocolate e orellas para todos e todas.

O  horario será de 08:45 a 13:10 horas.

Os AUTOBUSES sairán ás 13:10 horas.

Voltaremos ás aulas o XOVES 7 DE MARZO.

DISFRUTADE DAS FESTAS!!

 

   

Programa de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite

O noso Centro participa no Programa Escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite.

Podedes ver fotos da actividade picando na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut