Skip to Content

Novas

Entrega do emblema como centro Pluribach

Acto de entrega do emblema de centro Pluribach, celebrado o mércores 15 novembro na "Cidade da Cultura"

Coa presenza do Conselleiro de Educación e coa asistencia por parte do centro de Marga García (Secretaria), Manuel Torres (profesor de materia pluribah) e Aurora Mato (coordinadora CLIL).

Tivo lugar unha mesa redonda coa intervención de Manuel Torres dando a súa opinión sobre as vantaxes de ser centro Pluribah e sobre aspectos da materia de IMAX de 2º Bach.

INICIO CURSO 2017-2018

COMEZA O NOVO CURSO 2017-2018!!

Aquí tedes os horarios das presentacións de cada curso.

O Venres 15 de setembro son as presentacións de ESO e BACHARELATO, os autobuses comezarán a recoller alumnado de ESO nas paradas ás 11:30 h. A saída dende o instituto será as 13:00 h.

O Luns 18 de setembro, as clases de ESO e BACHARELATO comezarán e rematarán no horario habitual e o transporte terá horario normal.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-2018

Picando na seguinte imaxe podes ver a relación de libros de texto

por nivel e materia para o vindeiro curso académico 2017-18.

RECOMÉNDASE NON MERCAR OS LIBROS

ATA FALAR CO PROFESORADO EN SETEMBRO.

Premios extraordinarios de Bacharelato

Como todos os anos, aquí tedes a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato. Están dirixidos aos recentísimos graduados que acadastes unha nota media igual ou superior a 8'75. Tedes de  prazo ata o día 5 de xuño.

Non o vexades imposible, pois danse 20 premios de 1000. Ánimo.

RosalíaTe

Exames Extraordinarios de Setembro 2017

Nos seguintes enlaces tés os días e horas de realización dos Exames Extraordinarios de Setembro 2017.

Charla de Manuel Portas

O venres día 22 de abril tivemos o pracer de disfrutar coa charla que deu no noso centro o profesor e escritor Manuel Portas.  O acto estivo enmarcado dentro do programa de actividades que o IES organiza con motivo do "Mes Cultural" e foi organizado por Normalización Linguística en colaboración co departamento de "Xeografia e Hª".

Mes cultural

O mes cultural "Do libro ás letras" que organiza o EDLG do centro en colaboración coa Biblioteca terá lugar este ano, do 15 de Abril ao 26 de Maio. Se desexas ver o programa de actividades, preme no seu cartel.

CONCURSO CLIPMETRAXE

A Rede Solidaria do centro, xunto co Obradoiro de Cine, vóltanse a presentar ao concurso CLIPMETRAXES que gañaron o ano pasado. Moita sorte nesta nova edición!!!

Podes ver a nova curta no seguinte enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut