Skip to Content

REPARTO LIBROS FONDO SOLIDARIO PARA 4º ESO. LUNS 2 OUTUBRO

 O luns  2 de outubro, procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 4º ESO no seguinte horario:

LUNS 2 OUTUBRO

- 09:20-09:40 hrs  4º ESO A

- 09:40-10:00 hrs  4º ESO B

 Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros poden autorizar a unha persoa maior de idade para que así o faga. (Na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recollida de libros).

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse á Vicedirección do centro.

Grazas pola vosa colaboración

O IES A SANGRIÑA ANFITRIÓN DO PROXECTO ERASMUS+ KA210 DIGILINC

  O IES A Sangriña está a participar nun programa Erasmus + KA210 denominado Digilinc. Trátase dun proxecto internacional de inclusión social que pretende tamén protexer a nosa lingua i expresións culturais por medio da dixitalización. O programa, que foi aprobado pola Unión Europea de xeito meritorio, reúne a diferentes institucións colaboradoras: o Käthe-Kollwitz - Berufskolleg (Alemaña), o I.I.S. Alberti (Italia), o Falez Mesleki ve Teknil Anadolu Lisesi (Turquía) e o propio IES A Sangriña da Guarda.

 

  O alumnado dos ciclos formativos de Informática, de Administración e Xestión e de Secundaria están a aprender sobre as distintas culturas dos seus correspondentes alemáns, italianos ou turcos. Os acollen durante esta semana nos seus fogares e comparten con eles unha serie de actividades lingüísticas (presentacións, vídeos, xogos de pistas) e visitas culturais a empresas e a espazos da nosa contorna (visitas guiadas polo casco vello da Guarda, sendeirismo polos Muíños do Folón e do Picón, paseo en batiscafo pola ría de Arousa ou a propia visita á catedral de Santiago de Compostela).

 

 Pero as actividades desenvolvidas non terían o mesmo carácter sen a axuda e colaboración dos membros de organizacións locais, como Avelaíña, a residencia Monte Sta. Tecla, a adega Terras Gauda ou o mesmo Concello da Guarda.

 

 As delegacións tiveron o privilexio de explorar a beleza do Baixo Miño a través de visitas guiadas e rutas de sendeirismo, todo grazas ao xeneroso apoio do Concello de A Guarda. Ademais, a experiencia enriqueceuse coa colaboración desinteresada de Terras Gauda, unha adega de recoñecemento internacional, que abriu as portas dos seus viñedos para desfrutar dunha experiencia única de degustación e dunha fascinante radiografía do mundo do viño. O máis especial da semana veu da man de Avelaíña, xa que os agasallos para os visitantes foron deseñados polos talentosos nenos da organización, nenos con necesidades especiais que deixaron unha pegada inesquecible nos visitantes.

 

 Este itinerario en A Guarda representa a segunda mobilidade das catro que inclúe o programa, tras a visita a Antalya no pasado mes de maio, e terá a súa continuación a vindeira primaveira en Alemaña e o próximo outono en Italia, con máis proxectos e actividades. Todo, co gallo de que o respecto e a inclusión sexan fíos condutores no diálogo cultural e na loita por un mundo sen fronteiras.

 

 

REPARTO LIBROS FONDO SOLIDARIO PARA 3º ESO. MÉRCORES 27 SETEMBRO. IES A SANGRIÑA

Prezadas familias

  Mañá, mércores 27 de setembro, procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 3º ESO no seguinte horario:

MÉRCORES 27 SETEMBRO

- 10:15-10:30.- 3º ESO A

- 10:30-10:45.- 3º ESO B

- 10:45-11:00.- 3º ESO C

 

 Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros poden autorizar a unha persoa maior de idade para que así o faga. (Na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recollida de libros).

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse á Vicedirección do centro.

Grazas pola vosa colaboración

REPARTO FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO PARA 2º ESO. MARTES 26 SETEMBRO.

  Mañá, martes 26 de setembro, procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 2º ESO no seguinte horario:

MARTES 26 SET

- 11:15-11:30.- 2º ESO A

- 11:30-11:45.- 2º ESO B

- 11:45-12:00.- 2º ESO C

 

 Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros poden autorizar a unha persoa maior de idade para que así o faga. (Na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recollida de libros).

 Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse á Vicedirección do centro.

Grazas pola vosa colaboración.

REPARTO LIBROS DE 1º ESO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Prezadas familias

  A vindeira semana  procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 1º ESO no seguinte horario:

LUNS 25 sept

- 9:30-10:00.- 1º ESO A

 - 10:00-10:30.- 1º ESO B

- 10:30-11:00.- 1º ESO C

 

  Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros poden autorizar a unha persoa maior de idade para que así o faga (na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recollida de libros).

  Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse á Vicedirección do centro.

  Grazas pola vosa colaboración.

  Atentamente,

 O Equipo Directivo.

 

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL MAIORES DE 55 ANOS IES A SANGRIÑA. PLAN DE RECUPERACIÖN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA. FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA.FONDOS NEXTGENERATIONEU

 O IES A Sangriña desenvolverá un curso de formación en competencias dixitais básicas para maiores de 55 anos financiada pola UE dentro dos Fondos NextGenerationUE no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 O curso de 30 hrs lectivas desenvolverase entre outubro e novembro deste 2023. As prazas son de 25 alumnos/as. Os interesados/as poderán inscribirse na Secretaría do IES A Sangriña (horario de 09:30 a 13:00 hrs) desde o luns 25 de setembro ata o venres 29 de setembro inclusive. As inscripcións serán por rigoroso orde de chegada ata agotar as prazas.

  Fondos NextGenerationUE no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

DÍA 19 SETEMBRO. EXPOSICIÓN NO IES A SANGRIÑA SOBRE TRATAMENTO DE EMERXENCIAS MOTIVADAS POLO CAMBIO CLIMÁTICO

 Dentro do denominado Proxecto ARIEM+, promovido pola Xefatura do Servizo de Emerxencias de Pontevedra dependente da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, o IES A Sangriña contará cunha exposición no seu vestíbulo o día 19 de setembro que tratará sobre a xestión das emerxencias dentro dun contexto de cambio climático.

  A exposición terá como obxectivo o de informar e de concienciar á comunidade escolar do IES A Sangriña sobre as necesidades de previr e actuar diante das potenciais emerxencias derivadas dos cambios ambientais enmarcados nunha dinámica de progresivo cambio nas condicións climáticas

  Contaremos cunha unidade do GES de A Guarda (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) para reforzar os conceptos tratados nesta exposición.

A Dirección

INTERCAMBIO A GUARDA - AARHUS (DINAMARCA).

Desde o pasado sábado 2 de setembro, 19 estudantes galegos e daneses participan no intercambio do IES A Sangriña da Guarda e o centro Aarhus Gymnasium Tilst, de Aarhus. Cun completo programa de actividades, foron convidados a coñecer e compartir a súa cultura e ensinanza, amosando unha hospitalidade e atención inmellorables.
Agradecemos desde aquí a todas as persoas que fan posibles estas experiencias tan sumamente enriquecedoras como inesquecibles para a rapazada.

IMPORTANTE. INFORMACIÓN SOBRE LIBROS DE TEXTO DE EMPRESA E MOD. DE NEGOCIO E BIO/XEO/ e CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS de 1º BACH

Achégase  información sobre o  libro de texto para  a materia de EMPRESA E DESEÑO DE MODELOS DE NEGOCIO do vindeiro curso 2023-2024 no IES A Sangriña.

 

Infórmase tamén que o libro de texto da materia BIOLOXÍA, XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS de 1º BACH, será de uso obrigatorio no curso 2023-2024 no IES A Sangriña.

 

CURSO

MATERIA

TÍTULO COMPLETO

ANO EDICIÓN

EDITORIAL

LINGUA EDICIÓN

ISBN

1º BACH

BIOLOXÍA, XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS

BIOLOXÍA, XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS

2022

ANAYA

GALEGO

978-84-143-1134-9

2º BACH

EMPRESA Y DISEÑO DE MODELOS DE NEGOCIO

EMPRESA Y DISEÑO DE MODELOS DE NEGOCIO

2023

GALINOVA EDITORIAL

CASTELÁN

978-84-9737-282-4

 

ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA DO CURSO 2023-24 NO IES A SANGRIÑA. 11 DE SETEMBRO.

 Estimados/as membros da comunidade escolar.

 Comezamos un novo curso, o 23-24, no IES A Sangriña e, como sabedes, será o 11 de setembro. Achegamos coa presente un documento pdf onde podedes consultar cómo será a organización deste primeiro día lectivo, información que resumimos nos seguintes puntos:

  1. O alumnado acudirá ao centro segundo sexa a hora de inicio da presentación do seu curso tal e como figura no documento pdf anexo á presente. Os actos de presentación terán lugar nas aulas de referencia cos distintos titores/as. Prégase máxima puntualidade.
  2. Despois de cada acto de presentación, o alumnado continuará co seu horario lectivo normal ata o final da xornada.
  3. Este día o servizo de transporte escolar NON realizará o traxecto matutino de ida pero SI realizará o traxecto de volta. Pola tarde dese luns, o servizo será o normal.

 

 Bo curso a todas e a todos!!!

 

A Dirección

 
Distribuir contido


by Dr. Radut