Skip to Content

Grego

Departemento de Grego

CHARLAS DE DIVULGACIÓN DA UVIGO E A USC

Coa charla do pasado venres 16 de abril dáse por rematada a programación de charlas de divulgación científica e humanística no curso actual, organizadas desde o departamento de Orientación e departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Latín, e Grego, en colaboración coas Universidades de Vigo e Santiago.
Todas elas tiveron unha grande acollida e satisfacción por parte do alumnado ao que ía dirixido dos cursos finais de etapa, polo que agardamos continuar a colaborar para o vindeiro curso coas tres universidades de Galicia, ampliando á Universidade da Coruña.

Desde aquí queremos agradecer ao profesorado universitario que se trasladase ata o noso IES para procurar que os relatorios se desenvolvesen de xeito presencial.

Plan de Continxencia e Plan de ensino virtual ante a COVID-19

O Plan de Continxencia e Plan de ensino virtual ante a COVID-19 do IES A Sangriña para o curso 2020-2021, segundo o disposto na Resolución conxunta da Secretaria Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de educación e Formación Profesional do 2 de novembro do 2020, queda dispoñible para consulta no arquivo adxunto.

Programacións didácticas dos Departamentos, curso 2020-2021.

Os documentos adxuntos conteñen as programacións didácticas de todos os Departamentos do IES A Sangriña, para o presente curso 2020-2021.

Addendas ás programacións didácticas, curso 2019-2020

Addendas ás programacións didácticas dos Departamentos, elaboradas por causa do estado de alarma declarado pola pandemia da COVID-19, durante o curso 2019-2020. Nelas recóllese a forma de avaliar no terceiro trimestre e no final de curso. 
Para acceder aos documentos requírese o seguinte contrasinal: addendas.

 

Charla sobre lingüística indoeuropea no IES A Sangriña

27/02/2014 12:20
27/02/2014 14:00
Etc/GMT+1

O pasado xoves 27 de febreiro de 2014 o alumnado de bacharelato tivo a sorte de poder asistir a unha charla impartida polo profesor da USC José Virgilio García Trabazo o único profesor de indoeuropeo de Galicia‒, titulada "Lingüística indoeuropea: reconstruíndo a prehistoria das nosas linguas".

charla

Distribuir contido


by Dr. Radut