Skip to Content

Premios ou recoñecementos

Premios recibidos polo centro

Fondo solidario: listaxes provisionais.

Estimadas familias:

Xa tedes á vosa disposición no taboleiro que está na entrada do instituto as LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, con indicación da causa de exclusión (por estar presentadas fóra de prazo, por falta de documentación, por falta de devolución dos libros de texto,...). Estas listas son PROVISIONAIS, polo que poden sufrir modificacións en setembro Tamén podedes recoller na conserxería do centro os VALES DE MATERIAL do alumnado que promocionou en xuño. Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección do centro.

 

Sabías que o noso instituto posúe a Carta VET?

Esta carta outórgaa o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e recoñece a capacidade operativa desta institución para a xestión de proxectos de mobilidade, e os seus esforzos por acadar unha maior internacionalización da Formación Profesional a través do Programa Erasmus+. Esta carta de Formación Profesional recoñece ademais a calidade dos proxectos de mobilidad realizados anteriormente, o compromiso a longo prazo da mellora continua da mobilidade e o enfoque estratéxico do noso centro de ensino para incorporar a mobilidade internacional ás nosas actividades.

Claudia Gómez Lomba, premio extraordinario de ESO

Hoxe pola mañá coñecéronse os resultados da convocatoria dos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria, publicados no DOG. É unha boa noticia para o IES A Sangriña que entre as persoas ganadoras deste ano figure Claudia Gómez Lomba, no sexto lugar de puntuación.

Moitísimos parabéns, Claudia!

Es un orgullo para toda a comunidade da Sangriña!

 

Premio no campionato do mundo d3mobile.es Metrology World League

Delia Alfonso Lomba, Marco Patiño López e Santiago Román González, alumnado de 2º de Bacharelato, acaban de ganar dous premios no campionato do mundo d3mobile.es Metrology World League, unha competición internacional de modelado en 3D de precisión co móbil para estudantes de 4º da ESO e Bacharelato. 

É a terceira vez que o noso instituto se proclama campión deste certame. A competición está organizada pola USC a través do grupo de investigación USCAN3D, pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), polo CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo desta competición é fomentar vocacións científicas e técnicas entre o estudantado e espertar a súa capacidade investigadora á vez que aprenden a usar novas técnicas e ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías.

O noso equipo representante obtivo numerosos premios, entre eles unha pulidora de ópticas que doaron ao Departamento de Automoción.

equipo 

doazón 

Premio de Educación Concello da Guarda 2017

Seis alumnas e alumnos do noso centro acaban de recibir o Premio de Educación 2017 do Concello da Guarda polos seus brillantes expedientes académicos.

Moitísimos parabéns a Uxía Vicente, Sabela Martínez, Antonio Cernadas, Nerea Portela, Leonor da Conceiçao e Antonio Álvarez.

Máis información aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut