Skip to Content

Novas medidas organizativas vixentes desde o 13 de outubro incluído

  1. Anúlase o uso dos conos.
  2. Seguimos respectando as áreas de recreo.
  3. Abordaremos nas titorías as medidas de seguridade sanitaria (máscara e correcto uso, distancia social, desinfección...).
  4. O profesorado de garda notificará axiña á Dirección calquera incumprimento do protocolo.
  5. As bancadas do pavillón cederanse ao alumnado de ciclos luns e martes de 14 a 15 h para xantar, previa entrega asinada dunha declaración responsable.
  6. Tanto nas aulas coma na sala do profesorado débese hixienizar o posto antes e despois de ocupalo. Non se poden usar os colgadores.
  7. Ao final da xornada, nas aulas, límpanse mesas e cadeiras, e colócanse estas volteadas enriba das mesas.

 

Fondo de libros

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa chegaron os libros de texto que faltaban. Podedes recollelos en Xefatura/Vicedirección calquera día desta semana pola mañá. É imprescindible que presentedes o xustificante de entrega de libros para a súa recollida.

23 de setembro, festivo local.

O mércores 23 de setembro é festivo local na Guarda, polo cal o centro permanecerá pechado. 

PLAN ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 IES A SANGRIÑA 2020-2021. GUÍA INFORMATIVA DAS MEDIDAS DE ORGANIZACIÓN IES A SANGRIÑA. CURSO 2020-21

 Adxuntamos coa presente:

1. Plan de Adaptación á situación COVID-19 do IES A Sangriña. Curso 2020-21.

2. Guía Informativa das medidas de organización do IES A Sangriña. Curso 2020-21.

CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO IES A SANGRIÑA MARTES 22 DE SETEMBRO

Adxúntase convocatoria Claustro Ordinario IES A Sangriña. Martes 22 de setembro.

PROGRAMA DE PRESENTACIÓNS DOS GRUPOS DO IES A SANGRIÑA CURSO 2020-21

Adxuntamos programa de PRESENTACIÓNS dos grupos do IES A Sangriña para o curso 2020-21.

A Dirección.

LISTAXES GRUPOS ESO E BACHARELATO DO IES A SANGRIÑA CURSO 2020-21

Estimadas familias:

Adxuntamos listaxes dos grupos da ESO e BACHARELATO do IES A SANGRIÑA para o curso 2020-21.

A Dirección.

INFORMACION DEFINITIVA IES A SANGRIÑA INICIO CURSO 2020-21

INFORMACIÓN DEFINITIVA da Dirección do IES A Sangriña inicio curso 2020-21 Unha vez obtidas as pertinentes confirmacións, o IES A Sangriña está en disposición de emitir a seguinte INFORMACIÓN DEFINITIVA das bases organizativas do curso 2020-21:

1- O horario de ESO e FPB desenvolverase completamente polas MAÑÁS no horario:

  • martes/xoves/venres: de 8:20 a 14:00 h.
  • luns e mércores: de 8:20 a 15:15 h.

2- O horario de 1º E 2º DE BACHARELATO será en quenda de TARDE co seguinte rango:

  • luns e mércores de 15:30 a 20:30 h.
  • martes e xoves de 15:00 a 21:00 h.
  • venres de 15:00 a 20:00 h.

3- O horario de CICLOS MEDIOS E SUPERIOR DE FP estará organizado de seguinte xeito:

  • Manás: de luns a venres: de 8:20 a 14:00 h.
  • Tardes: luns e martes de 15:30 a 18:00 h.

Nota: O horario de FP Dual queda pendente de axustes.

4- O centro contará para este curso 2020-21 cun reforzo de tres profesores/as tal e como se solicitara á CEUFP para poder levar a termo os desdobres necesarios para implementar as medidas de seguridade sanitarias.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E Á COMUNIDADE ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA SOBRE O INICIO DE CURSO 2020-21

 

  Estimadas familias

 

  Neste inicio de curso cheo de tantas incidencias e incertezas, o equipo directivo do IES A Sangriña considera que cómpre informar de todas as circunstancias ocorridas ata o de agora e que teñen como consecuencia a falta de decisións firmes cara a organización do vindeiro ano académico.

Fondo solidario de libros de texto: listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído.

Xa está publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído no taboleiro de entrada do IES A SANGRIÑA. Para calquera dúbida contactade coa Vicedirección do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut